Os alumnos de 2º ESO-A ,realizaron unha adaptación da película basada na vida da física estadounidense Katherine Johnson, científica espacial e matemática que
contribuíu á aeronáutica e aos seus programas espaciais coa aplicación das
primeiras computadoras electrónicas dixitais na NASA.
Este traballo e un máis da
serie “ Mulleres que fixeron historia”, que realizamos para conmemorar o Día
Internacional da Muller.
Parabéns aos rapaces e
rapazas de 2º ESO pola iniciativa que tiveron e por todo otraballo realizado: guión, vestiario,
grabación.... e por suposto a súa profe de matemáticas, Belén, por motivalos
tan ben. Mención especial para os profes Dani, Rocío,Anxo, Victor e Belén que se prestaron a colaborar no vídeo.
Despois do acto de mobilización pola rúa que realizamos
onte, seguimos conmemorando o Día da muller con diversas actividades entre as que
destaca a realización dos mini documentais titulados “Mulleres
que fixeron historia”. A través das
distintas materias os alumn@s investigaron a vida e obra de mulleres que despuntaron
en múltiples disciplinas e que en moitos casos o seu traballo nunca tivo o
recoñecemento que se merecía. Científicas, literatas, deportistas, artistas,
inventoras, matemáticas, aventureiras… aparecen nestes traballos audiovisuais
que realizaron os rapaces e rapazas dos cursos de ESO e 5º e 6º de primaria.
A través deles poderedes descubrir a fascinante vida desas
mulleres que a maioría das veces, tiveron que derrubar muros para chegar a
alcanzar as súas metas.
Traballo realizado polos alumnos/as de 1º ESO na materia de Lingua galega Pioneiras galegas
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º A de primaria
Verónica Boquete, xogadora de fútbol
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º B de primaria
Sara Baras, bailaora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º B de primaria
Amelia Earhart, aviadora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º A de primaria
Chus Lago, alpinista
Traballo realizado pol@s alumn@s de 4º ESO B na materia de matemáticas. Sophie Germain, matemática
O CPI As Mirandas. xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller CIM) e a Concellaría de Muller, organizamos diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da Muller.
A primeira delas tivo lugar esta tarde a través dunha mobilibización polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron os estudantes do CPI As Mirandas xunto cos seus profesores e directora así como as asociacións de mulleres do municipio e os representantes das distintas concellerias, nas que se encontraban representantes do CIM (Centro de Información á Muller, concelleria da muller e de cultura e o alcalde.
A marcha rematou na praza da Constitución cun manifesto que realizaron os alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos cunha canción de SES, “Tempestades de sal”.
O longo desta semana iranse sucedendo diversos actos, tanto no centro educativo como no concello, entre os que destaca o venres 9 de marzo a "Homenaxe as mulleres" que os alumn@s de 4º ESO están a preparar, acto no que se proxectará o documental Marea de Mulleres, realizado por eles.