Hoxe 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento dunha das maiores referentes da nosa literatura. E para homenaxeala o alumnado do cole realizou unha lectura da súa obra a carón do mural que fixeron os alumnos da ESO.
viernes, 23 de febrero de 2024
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS
jueves, 22 de febrero de 2024
EXPOSICIÓN 11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca queremos contribuír á visibilización do labor de diferentes mulleres ao longo da historia no ámbito científico, polo que vos ofrecemos unha mostra dos seus traballos na escolma bibliográfica do acceso á Biblioteca. Non vola perdades!
miércoles, 21 de febrero de 2024
SPORURAL. EN CONTACTO CO DEPORTE INCLUSIVO
A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas e no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas , puxeron en marcha unha xornada de deporte inclusivo.
A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas entrou en contacto directo co deporte inclusivo realizando actividades como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.
Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO respostaron vivíndoo directamente na contorna do Porto.
Os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia. Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.
viernes, 16 de febrero de 2024
viernes, 9 de febrero de 2024
ENTROIDO DE CINE NO CPI AS MIRANDAS
Aínda que este ano o tempo non nos acompañou para que puidésemos desfilar polas rúas de Ares, non deixamos de celebrar o noso tradicional entroido. Este ano a temática foi de cine, nunca mellor dito. Polo pabillón do cole desfilaron personaxes de emblemáticas películas de todos os estilos: Robin Hood, Piratas do Caribe, Karate Kid, Air Bud, Mary Popins, 101 Dálmatas, Charlie e a fábrica de chocolate, Mario Bros, Os Pitufos, Loca académia de policía...acompañados dun grande equipo técnico de profes.
Rematamos a xornada degustando uns riquísimos doces de entroido: orellas, freixos, rosquillas, chocolate.... Unha xornada estupenda!.
En hora boa a todas e todos, e aquí vos deixamos uns pequenos vídeos da xornada.