jueves, 28 de abril de 2022

COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE "CONTROL OFF"


 Na mañá de hoxe, tivemos o primeiro dos obradoiros programados dentro do proxecto “Control Off”, a iniciativa para achegar á mocidade formación específica en igualdade de xénero organizada entre o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello e o departamento  de Orientación do noso centro.

Nos obradoiros que abarcarán ata xuño, trataranse contidos básicos do desenvolvemento humano dende a coeducación, co obxectivo fundamental de previr a violencia de xénero, máis aínda dentro da contorna dixital. As temáticas tamén xirarán arredor das relación afectivas saudables a partir de metodoloxías dinámicas, empregando técnicas de debate, brainstorming… e outras ferramentas que implican ao alumnado.

 A planificación do proxecto inclúe dous tramos educativos distintos. Por unha banda, impartiranse sesións para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), mais tamén haberá varias formacións que se adaptarán ás necesidades de sexto de primaria, modulando os contidos e as metodoloxías de ensinanza. Así os nenos e nenas de primaria traballarán non tanto co foco nas relacións afectivas e bos hábitos dixitais, coma os seus compañeiros da ESO, senón en coñecer modelos positivos de convivencia, en pé de igualdade, e novos conceptos de masculinidade.

 Todos estes cursos serán impartidos por Rubén Villar, psicólogo con formación relacionada dentro do eido social, experto en psicoloxía forense pola USC e axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller homologado pola UNESCO.

#ConcellodeAres #CIMAres #ControlOFF #ViolenciadeXenero #CPIAsMirandas



 

miércoles, 27 de abril de 2022

QUÉ É UN LIBRO PARA MIN. DÍA DO LIBRO 2022

 No Día Internacional do Libro as nenas e nenos de 2º de primaria contannos que é un libro para elas e eles.

lunes, 25 de abril de 2022

GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!

 Estamos de en hora boa!!!  O grupo de alumn@s  de 1º de ESO formado por  Sofía, Martina, Álvaro, Leo, Bega, Carlos, Antonio, Hugo, Lucas, Sara, Paula, Malena, Adrián e Mario dan un pasiño máis e quedan GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE co seu vídeo “A accesibilidade universal é un camiño cara a inclusión”.

O noso traballo pasa directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia na categoría D onde se enfrontará agora aos seleccionados nas demais comunidades autónomas.

Polo de pronto foron premiados  cunha emocionante experiencia de escape room. ¡Un divertido reto que terán que superar, una vez máis, en grupo!

Parabéns e a seguir  abrindo Camiños cara a Inclusión.

Grazas polo voso traballo.

Aquí podedes ver de novo vídeo gañador:


Gañadores autonómicos Concurso Escolar Once 

miércoles, 20 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS. PROPOSTAS DE TRABALLO

 Como sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Adxuntamos unha guía de propostas de actividades para os distintos niveis elaborada pola editorial Ir Indo: "As letras de Florencio".

Temos esta guía en papel e a deixaremos á vosa disposición na sala de profesores.

RECURSOS PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN CO ALUMNADO DE UCRAÍNA

 


Dada a situación bélica de Ucraína e ante a chegada de nenas e nenos refuxiados a algunhas das nosas aulas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) facilítanos  os seguintes materiais:

martes, 19 de abril de 2022

V CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS. DÍA DO LIBRO 2022

 


O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, o Equipo de Dinamización Lingüística, e o Equipo do proxecto ERASMUS+ para organizar un ano máis a V Edición do Concurso de Deseño de cubertas de libros.

Animádevos a participar e…

deixade voar a imaxinación!!!


AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES

martes, 5 de abril de 2022

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O luns 4 de abril o alumnado de 2º de educación primaria inauguramos “O noso museo” para rematar e dar visibilidade ao proxecto levado a cabo durante estes dous trimestres. 


Investigamos sobre os diferentes lugares, restos arquitectónicos e símbolos do noso concello. 
Así, analizamos o escudo da nosa vila, investigamos sobre as cocas e os restos castrexos de Ares;estudamos a orixe e usos da Ponte da Ciscada e tamén aprendemos sobre as baterías defensivas que tivemos na nosa ría.
 👉O museo quedará exposto ao longo desta semana na Biblioteca Municipal. Poderedes visitalo en horario de mañá e tarde. 
👉Queremos dar as grazas a Alma, concelleira de cultura, e a o Concello de Ares por recibirnos no salón de plenos, aceptar a nosa proposta e cedernos o espazo habilitado na Alianza Aresana para poder expoñer o noso traballo. 
 👉Ao longo desta semana o alumnado de 5º e 6º de infantil así como os grupos de primeiro de primaria visitarán o museo e, as nenas e nenos de 2º de E.P. estararemos encantados de explicarlles todo o que alí está exposto e que traballamos e realizamos con tanto estusiasmo .

👉Nos seguintes vídeos podedes ver o acto de inauguración coas familias e os diferentes vídeos explicativos sobre o noso poxecto.




               

       
   
   
    
   

               

ESPERAMOS QUE GOZARADES CO NOSO PROXECTO





domingo, 3 de abril de 2022

ACTO EN APOIO AO POBO UCRAÍNO

Hoxe na praza da Constitución da nosa vila realizouse un acto en apoio ao pobo ucraíno,organizado polo concello. Un acto no que se reivindicou a paz e amosouse a solidariedade coas 3 familias chegadas de Ucraína, e que agora conviven con nós. No acto membros destas familias leron unha declaración en contra da guerra e finalizouse o acto coa actuación da banda de música Xábrega que interpretou o “Himno á alegría”.

Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces de 1º de ESO: Carlos, Lucas, Daniel e Manuel que estiveron toda á mañá realizando unha acción solidaria recadando fondos a través da venda de bolígrafos coa lenda “Pola Paz”. Grazas polo voso tempo e grazas tamén a toda a xente que aportou o seu graíño de area para esta causa.


O recadado hoxe (650 €), sumado ao recadado no noso colexio irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).