Mostrando entradas con la etiqueta Certame Fotográfico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certame Fotográfico. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de junio de 2012

FALLADOS OS PREMIOS DO III CERTAME DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI CONDE DE FENOSA

O xurado do certame de fotografía elixíu a fotografía gañadora desta III Edición do concurso que foi a realizada pola alumna de 3º ESO Silvia García. A verdade é que os membros do xurado tivérono moi difícil debido á calidade dos traballos presentados. 
Desde aquí queremos dar a en hora boa á gañadora e a todas e todos os participantes. Se queredes votarlle unha ollada ás fotografías presentadas ao certame premede no seguinte enlace:III CERTAME DE FOTOGRAFÍA


Fotografía gañadora







miércoles, 6 de junio de 2012

III CERTAME DE FOTOGRAFÍA. ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI "CONDE DE FENOSA"·

A ANPA e o CPI Conde de Fenosa convocan o III Certame de Fotografía dirixido a todos os alumnos matriculados na ESO. A temática deste ano é Retratos de oficios de Ares.
    O obxectivo é plasmar as xentes e os seus traballos en Ares. A vosa mirada pode ser crítica, lúdica,irónica ou psicolóxica. Nesta ocasión fixámonos en lugares habitados, que os protagonistas nos mostren o seu entorno de traballo. Orgullosos ou cansos, desenvolvendo o seu traballo ou en repouso.

BASES
  •     Admitiranse  de unha a tres fotografías por participante, en cor ou branco e negro. O retoque dixital está permitido, sempre e cando non altere a esencia da imaxe por medio da súa manipulación.
  •     As fotografías serán orixinais dos alumnos, inéditas e libres de dereitos, é dicir, non publicadas nin presentadas noutro concurso anteriormente. 
  •    Non se aceptarán fotografías que atenten contra a dignidade das persoas nin as manifestamente desagradables nin ofensivas. As fotografías terán soporte dixital e poden ser feitas cunha cámara de fotos dixital ou un móbil. 
  •    Enviaranse por correo electrónico a: retratodeoficiosdeares@gmail.com cun título e o lugar onde se realizou a foto xunto cos datos do participante: nome, apelidos e curso. 
  •   O prazo de recepción finaliza o martes 8 de xuño.
  • O xurado estará composto por membros da comunidade educativa, (pais e nais, ANPA, profesores, profesionais da fotografía e antigos alumnos do centro). 
  •  Haberá un primeiro premio. Co resto das fotografías seleccionadas, o ANPA organizará unha exposición itinerante. 
  •  As fotografías serán cedidas á asociación organizadora.
  •  A participación no concurso implica a aceptación das bases.

martes, 1 de junio de 2010

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA

O pasado día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO, organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora Marisa Areal.

O Xurado estaba composto por :
Ana Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares
Álvaro Franco, representante das familias do noso alumnado
Mayolla Dragó, Vicepresidenta do ANPA
Adrián Pérez, antigo alumno do centro
Mariam Belrhlid, antiga alumna do centro
Marisa Areal, profesora de Educación Plástica e Visual
Blanca Cortizas, profesora de Tecnoloxía.
Despois da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .
Polo tanto, realízase unha 2ª votación e resulta gañadora a fotografía titulada “Estacas
que corresponde a alumna de 4º ESO, Anais Prieto, a quen desde aquí queremos dar a noraboa.

     











Os outros 2 finalistas corresponden as fotografías :
Ceo rosa”, de Aldara Vilar, alumna de 4º ESO
e “Xunqueira” de Javier Cendán, alumno de 3º ESO.













De todos os xeitos queremos felicitar a tod@s @s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis participación. Ánimo!!.

O vindeiro día 21 de Xuño ás 19:00 h, na Biblioteca do Concello de Ares abrirase a Exposición Itinerante de todas as fotografías participantes, e terá lugar a Entrega de Premios . Estades todos invitados.