Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nen@s. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nen@s. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de diciembre de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.

Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos nenos” (20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10 decembro).  Por iso o alumnado da ESO convida a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.
O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por  Mayolla Martínez Dragó é unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación.  Este dereito é un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas do mundo.

A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste dereito: un dereito fundamental e universal.                                   
                                                                     Esperámosvos!!!
              
As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de secundaria.

Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de Reli, Departamento de Lingua Galega.



sábado, 15 de noviembre de 2014

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor. No seu percorrido foi atopando outros nen@s que....
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!

Esta é unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.