viernes, 22 de marzo de 2024

VISITA AO MONUMENTO DEDICADO AOS ESPAÑOIS DEPORTADOS E FALECIDOS EN MAUTHAUSEN

   O xoves 21 quixemos lembrar coas alumnas e alumnos de Cuarto da ESO a todas aquelas persoas da nosa comarca que foron prisioneiros no Campo de Mauthausen. Pensamos que é fundamental que unha iniciativa tan  importante como facer un monumento na súa memoria sexa coñecida  polas novas xeracións. É preciso que non sexa para eles “ a escada verde”. Por iso quixemos achegarnos a levarlles flores en sinal do noso agradecemento, porque eles loitarón, e moitos morreron por todos nós.

   Lemos o nome dos 21 e lembramos como foi o seu destino, algúns sobreviviron, pero moitos foron cruelmente asasinados nese campo de exterminio que foi Mauthausen.

   Dous deles participaran antes na fuxida no Bou Ramón e despois remataron, como outros 7200 españois, no inferno de Mauthausen.

   Foi unha experiencia moi positiva, tanto no que se refire á aprendizaxe como no senso de compartir un momento diferente ás clases ordinarias.

  



 

VISITANDO O PATRIMONIO DA NOSA CONTORNA

  Esta semana, antes das vacacións de Semana Santa,   aproveitamos o fin dos exames e o bo tempo para visitar un dos lugares máis fermosos da nosa contorna, a Igrexa e o entorno de Lubre.

Fomos cos dous cursos de 2º da ESO, que este ano estudaron Arte Románica, para ver un exemplo perfecto deste estilo artístico. Pero, tanto con segundo  como con terceiro da ESO,  fomos moito máis atrás no tempo para lembrar o significado que tiñan os Lubres como lugares de culto, espazos máxicos, na época Castrexa. Foron da man os novos coñecementos, o asentamento de contidos vistos na aula, e tamén o desfrute de facelo ó aire libre, sempre máis agradable e lúdico. En resumo, foi un bo momento que compartimos e do que tamén queremos  facervos partícipes a vós.



  


martes, 19 de marzo de 2024

MELLOR SEN LIXO.

 Os rapaces e rapazas de 4º  de ESO  realizaron unha recollida de lixo na contorna do paseo marítimo e na Praia de Ares, un xesto contra o Cambio Climático que debería facernos reflexionar  sobre  como debemos xestionar os nosos residuos adecuadamente.

Esta saída non só foi unha actividade educativa, senón tamén un recordatorio da importancia de coidar a nosa contorna e difundir a mensaxe entre a sociedade para que entre todos consigamos crear un mundo mellor e máis sostible.

Por uns océanos e praias libres de lixo

#mellorSenLixo

lunes, 18 de marzo de 2024

PABLO RAÑALES ACHÉGANOS Á ESCRITURA CREATIVA


Hoxe tivemos o pracer de contar no noso centro, o CPI As Mirandas, co escritor e xornalista Pablo Rañales.  O autor da obra “Os afogados” guiou ao alumnado de 4º de ESO a través dun taller de escritura
creativa moi dinámico e enriquecedor.

Comezou desafiando ao alumnado a que escribirán en 3 minutos, sen parar, o que lles pasara pola cabeza, sen racionalizar a escrita, cousa que sorprendeu ao alumnado. Aínda así ao pouco estaban todos escribindo sen parar.

O longo da sesión deunos pautas e recursos para comezar a escribir un relato, instounos a explorar diferentes narrativas, de como transmitir unha historia nunhas poucas liñas, desafiounos a encontrar ese momento crucial ou idea matriz que desencadearía a nosa narrativa, falounos do conflito, dos personaxes, do contexto espazo-temporal, da estrutura…elementos fundamentais a ter en conta para a creación dun relato.

Un taller moi produtivo e interesante do que esperamos que o alumnado dea boa conta  e que lles serva para escribir os seus microrrelatos que poderán presentar en breve no IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos que organiza o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en colaboración coa Concellería de Cultura do noso concello.

Ao remate asinounos os seu libros que penduran dos andeis da nosa biblioteca.

Grazas, Pablo, pola túa inestimable colaboración.

 











viernes, 15 de marzo de 2024

GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!

 Parabéns ao alumnado de 1º A da ESO que se presentou ao 40 Concurso Escolar ONCE no que acadaron o primeiro premio  autonómico. Os alumnos e alumnas participantes tiveron que crear unha nova palabra que exprese e defina a importancia da inclusión das persoas con discapacidade na sociedade actual para incluía no “Inclusionario”: o primeiro dicionario da inclusión creado polos nenos e nenas. Un dicionario con novas palabras que definan as necesidades das persoas con discapacidade.

                                                                                                                    👈A partir deste debuxo realizado por Laura 
creamos a nosa presentación.

A palabra que crearon e a súa definición foi a seguinte. “ABRACABRAILLE”: Manual en braille utilizado nas escolas de maxia para persoas invidentes.


Parabéns e a seguir abrindo Camiños cara a Inclusión.

 Grazas polo voso traballo.


 

Aquí podedes ver a explicación do traballo.



Carta Comunicacion Ganadore... by yolick20003194

viernes, 8 de marzo de 2024

CPI AS MIRANDAS. 8M. DÍA DA MULLER. SEMENTANDO IGUALDADE

O alumnado e o profesorado do CPI As Mirandas reunímonos un ano máis para recordar que a igualdade real e efectiva está no noso ideario, recordar os retos que temos pendentes, coller forza para afrontalos colectivamente e, sobre todo, para celebrar eses pequenos pasos que, dende hai máis de 150 anos, imos dando, paso a paso e sempre cara diante, para construír un mundo máis libre e igualitario.

Temos claro que esta non é unha tarefa que se acade cun día ao ano, e por iso queremos que o 8M serva como inspiración para traballar pola igualdade os 365 días do ano.


miércoles, 6 de marzo de 2024

ÁLVARO ILLOBRE VISITA O CPI AS MIRANDAS

 En primaria seguimos traballando por ambientes e dentro do  proxecto “Xogos Olímpicos”  tivemos o pracer de contar co gran deportista aresán Álvaro Illobre que achegou ao alumnado o deporte adaptado.

Contounos como foron os seus comezos deportivos na pista do cole ata chegar a participar en dúas paraolimpiadas!

Grazas Álvaro! por facernos entender que con esforzo e paixón podemos alcanzar e loitar polos nosos soños!












martes, 5 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN 8M: SEMENTANDO IGUALDADE

Na entrada de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, a música... Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, Belén Toimil, Luz Casal, Mabel Rivera entre outras, son algunhas das mulleres protagonistas desta exposición.


8 M. "O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.

O Mundo Das Cores by yolick20003194


AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO NARRADO POLO ALUMNADO


viernes, 1 de marzo de 2024

TRABALLO POR AMBIENTES EN PRIMARIA

 O traballo por ambientes continua este curso 23/24. Son propostas estimulantes e divertidas que amplían as oportunidades de experimentación e investigación do que estamos a traballar.

 Velaí deixamos uns vídeos sobre o que estamos a traballar.