miércoles, 30 de septiembre de 2020

XA ESTÁ AQUÍ O IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

Xa temos aquí a IV Edición do Concurso de Fotografía Xuvenil que o Concello de Ares en colaboración tamén co noso cole organiza cada ano. Como sabedes, deste concurso sairán as  fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do ano 2021 e que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca. 

A que che gustaría que a túa fotografía formase parte do calendario deste ano?. Pois xa sabes  o que tes que facer, colle o teu móbil ou cámara de fotos e anímate a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos ou situacións da nosa contorna que consideres parte da túa, da nosa identidade.

  • Categorías:

CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos

CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos

  • Cómo participar?:  

Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com. Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados.

Nos seguintes enlaces tedes as bases do concurso así como os formularios para descargar. Premede neles e poderedes acceder a eles.

Prazo de entrega:  O prazo de entrega remata o 21 de outubro.

Super Premios:

 As fotografías gañadoras  pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2021 que se reparte por todo o municipio, identificando aos autores delas.

  Categoría A :

·       1º PREMIO: Unha TABLET

·       2º e 3º PREMIO:  Un lote de libros

Categoría B:

·       1º PREMIO: Unha Cámara de fotos

·       2º PREMIO: Unha TABLET

·       3º PREMIO: Un lote de libros

                                                        Preparados.... Cámara e acción!!!                                                    


XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S

TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.

Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que clikar na imaxe que tedes a continuación.

 


lunes, 28 de septiembre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO CURSO FORMÁNDONOS EN LINGUA DE SIGNOS

O 23 de setembro, celébrase o Día Internacional das Linguas de Signos. Unha data que Nacións Unidas declarou oficialmente en 2017 facéndoa coincidir co aniversario da Federación Mundial de Persoas Xordas para reivindicar estas linguas como parte da diversidade lingüística e cultural.

Se queremos un desenvolvemento saudable  para xs nenxs xordxs, é necesario superar aquelas ideas que obstaculizan a posibilidade de ofrecer e recibir unha atención integral que, entre outras cousas, inclúa a adquisición da lingua de signos nos colexios.

Esta semana  no noso cole,  formámonos  e aprendemos  LSE dá  man de Teresa dá Asociación de  Persoas  Xordas de Ferrolterra. Grazas  Teresa por abrirnos os ollos e as mans á LSE.