O xoves 27 o alumnado do 1º ciclo da ESO e do 3º ciclo de primaria tiveron a visita de Pancho e Mikel, dous integrantes da ONG "Educación sen Fronteiras". Na súa charla faláronnos do compromiso coa defensa e promoción do dereito a unha educación de calidade para todos e todas, como un dereito humano fundamental, non discriminatorio e participativo cara á construción dun mundo que ofreza oportunidades a todas as persoas.
Tamen nos puxeron a curtametraxe "Binta e a gran idea". Esta historia, por certo moi fermosa, lévanos ao mundo de Binta, unha nena senegalesa de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu, "a gran idea"...Non contamos mais... Se queredes saber cal é a gran idea, podedes ver o video a continuación.