Mostrando entradas con la etiqueta concurso once 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso once 2017. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de abril de 2017

CONCURSO ESCOLAR ONCE: "TODOS SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES"



Baixo o lema “Somos diferentes, non indiferentes” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Celade Monfero, uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Este ano desde a ONCE pretendeuse que o alumnado desenvolvese un modelo de convivencia baseado nos valores cívicos como o respecto, tolerancia e igualdade, aprendendo a tratarse asertivamente e previndo modelos xerarquizados de acoso escolar ou bullying.
Na convivencia non ten cabida o sufrimento, o rexeitamento ou a pasividade, convivir é abrir a porta ao encontro cos que nos rodean, estar dispostos a escoitar, empatizar e impregnarnos das súas vivencias. Este concurso quere contribuír a sensibilizar á comunidade educativa, especialmente ao alumnado, da importancia de convivir democraticamente con todos aqueles que nos rodean. Todos somos dignos de ser recoñecidos (non ignorados) e tratados con respecto dadas as nosas diferenzas (étnicas, sexuais, por razón de discapacidade, relixiosa...). 

  Ante o acoso,  “Todos somos diferentes, non indiferentes”