No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso
centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta
da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta xornada que
estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía,
nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en
consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz os nenos e nenas de diferentes cursos en representación de todos, mostraron o noso
compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación
de toda a comunidade educativa leu o
manifesto pola paz do
noso cole.
Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que
foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.
Hoxe, tivemos unha sorpresa especial dentro da biblioteca, dous traballadores do Nautico Ría de Ares,Natalia e David que son monitora e encargado de mariñería respectivamente, trouxéronnos un OPTIMIST para achegarrnos o mundo da navegación.
O Optimist é un pequeno barco de vela para que os nenos e nenas ata os 15 anos poidan aprender a navegar. Natalia explicounos a importancia do vento (que é o combustible ), as distintas partes: botavara, cabos, orza... e algo que é moi importante, que nos concienciemos da importancia de manter limpas as nosas augas.
Ao final, ensináromnos un video resumo de como saen ao mar os nenos e nenas que estan aprendendo a navegar.
Moitas gracias Natalia polas túas explicacións e a David por facer posible esta actividade
.
Esta xornada forma parte das actividades que estamos a realizar cos nosos alumnos/as dentro do Proxecto Dende Ares Cara ao Mar.
Coincidindo coa
chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador
Martín Codax), o noso centro presentouse ao Certame Vindevideos coa finalidade
de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e
ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual.
Os nenos e nenas
de 4º de primaria realizaron en tempo expres, xa que a convocatoria foi moi limitada
en tempo,un vídeo no que recrean de forma maxistral a chegada do Pergamiño a Galicia. Un
estupendo traballo no que souberon amosar estupendamente as súas dotes
interpretativas superando o vento e a choiva que nos acompañou o día da grabación en Lubre.
Parabéns a tod@s, ao alumnado, a súa profe Lucía e a Luisa a nosa intérprete de lingua
de signos polo traballo realizado.
Xa fallado o
certame, queremos dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco
Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra).Tamén felicitar polo
segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño
de Ferrol.
Aquívos deixamos
o vídeo realizado polos nosos alumn@s de 4º de primaria.
A Fundación Manuel María vén de tirar un calendario dixital, con ilustracións de Leandro Lamas, para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario Os soños na gaiola, obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova.
Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 15
para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da
Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois
tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular
polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa
guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de
catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de
percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces
querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de
Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a
Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a
parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.
Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar
diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía realizamos
unha busca de lugares. Cunha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se
marcaban os diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto
información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura.
Tiñan que localizar 7 puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde
saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun
punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o
plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.
Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na
tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón
sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi
ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos
e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e
xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo
equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o
tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado
pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento,
aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi
divertido todos xuntos.
Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da xornada
O 21 de decembro os rapaces de 4º
ESO do CPI As Mirandas, xunto cos de Pontedeume e Fene, presentaron nos cines
Duplex de Ferrol as curtametraxes realizadas dentro do proxecto Vidas
Mariñeiras. Un traballo feito integramente por eles coa dirección dos cineastas
Marcos Flórez e Xacio Baño.
Os traballos foron realmente emocionantes e foi estupendo ver
aos alumnos presentando a súa curta, dando importancia a súa obra e a todo o
traballo realizado.
Grazas a todos os que vos achegáchedes á estrea: pais, nais,
profes, xentiña en xeral... e ,en especial, ás protagonistas de “Marea de Mulleres”,
unha curtametraxe que os rapaces quixeron adicar a todas aquelas que co seu
traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades.
O
pasado mércores, día 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 4 de
ESO tivemos a sorte de viaxar ata Santiago para visitar o Gaiás
(Cidade da Cultura) e o Parlamento Galego.
Na
Cidade da Cultura descubrimos a riqueza cultural galega que, por
desgraza, segue a ser moi descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o
museo do Gaiás, con exposicións temporais; a arquitectura e os
diversos compoñentes do complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galegos,
con máis de 2.000.000 libros, e o Centro de Emprendemento. Neste
último, se cadra o que máis gozamos, chamounos a atención o gran
traballo que fan dende a Cidade da Cultura para impulsar as
innovacións e as pequenas empresas.
Sen
dúbida, todo un complexo de inigualable valor cultural e
arquitectónico!.
No
parlamento galego tivemos a sorte de asistir a unha sesión de pleno,
na que se discutía a situación actual dos montes de Galiza. Esta
foi unha experiencia nova para tod@s.
Ademais,
realizamos unha visita guiada por todas as estancias do edificio. Sen
dúbida, as que máis nos gustaron foron as salas de reunión dos
distintos partidos políticos. Tamén realizamos prácticas de
debate, e mesmo descubrimos que podemos participar directamente no
goberno!
Foi
unha xornada xenial que repetiríamos sen dúbida. Verónica