lunes, 27 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO MARTES 28 DE FEBREIRO

Aquí tedes as preguntas deste martes. Ánimo que son moi sinxelas.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

viernes, 24 de febrero de 2012

martes, 21 de febrero de 2012

DENDE A ANTÁRTIDA PARA O CPI CONDE DE FENOSA

Video realizado polo biólogo e investigador aresá Javier Cristobo para os alumn@s do colexio "Conde de Fenosa" de Ares. Cristobo atópase realizando a campaña científica Actiquim  na que estudan o papel dos productos naturais de orixen mariño nos ecosistemas da Antártida para valorar cal é o seu potencial farmacolóxico.

               

PREGUNTÓN DO MARTES 22 DE FEBREIRO

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

sábado, 18 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Despois de toda unha semana de mandados e adornos varios, este venres , por fin, celebramos o entroido no noso cole.  Este ano o tema foi “O circo”: polas rúas de Ares circularon domador@s , elefantes, leóns, tigres, cebras, pallasos, forzudos, mag@s, majorettes...Todo un desfile circense!!!
Logo deron boa conta das orellas de entroido que, de seguro, estaban moi boas.

 FOI UNHA XORNADA MOI EMOCIONANTE E DIVERTIDA!

Aqui vos deixamos unha pequena mostra do que foi a xornada.

                           


jueves, 16 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO VENRES 17 DE FEBREIRO

Ola de novo, aquí vos deixamos as preguntas deste venres. Recordade que o próximo martes, é martes de entroido e estamos de vacacións, pero haberá igualmente preguntón. Así que xa sabedes... non deixedes de visitar o noso blogue.
Ah!, e as preguntas desta semana podedes entregalas o xoves á volta das vacacións.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

ENTREGA DE PREMIOS " I SEMANA PROBLEMÁTICA"

Hoxe, 16 de febreiro, o Departamento de Matemáticas da ESO realizou a entrega de premios do concurso I Semana Problemática (30 xaneiro ao 3 de febreiro) coa prezenza da Directora do centro Blanca Cortizas.
A participación foi un éxito (96 alumnos) que aportaron respostas e un gran número delas correctas.
Os 5 gañadores foron:
  • Roberto Rivas Couce de 3º ESO A
  • Carlos Bello Pita de 2º ESO B
  • Julián Sixto Sánchez de 3º ESO B
  • Marcelo Couce Barbeito de 3º ESO B e
  • Silvia Rodríguez Rodríguez de 3º ESO DC

miércoles, 15 de febrero de 2012

XA ESTÁ AQUI O ENTROIDO

Ola amig@s xa está aquí o entroido e xa sei que estades a preparar como todos os anos os vosos disfraces. Díxome un paxariño que vos están quedando superchulis os disfraces de feras do circo (elefantes, tigres, cebras e leóns...). Tamén me colei no blog dos pequerrechos e xa vin que guapos están todos de pallasos.
Ben, eu vou a seguir buscando polo faiado para ver si encontro algo co que disfrazarme o venres. Pero antes deixovos unha serie de enlaces nos que encontraredes xogos, plantillas de máscaras e antifaces e moitas máis cousas relacionadas co entroido.

Premede nas imaxes para entrar neles.







lunes, 13 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO MARTES 14 DE FEBREIRO

Ola amig@s preguntóns que pronto pasou a fin de semana verdade!!!.   Ben,  xa estamos aquí de novo coas preguntiñas deste 14 de febreiro que ,como sabedes,  é o Día dos Namorados. Así que aí vai unha preguntiña acorde coa data.

PREGUNTA 1 

PREGUNTA 2

Un novo xornal dixital en galego: PRAZA PÚBLICA

Dende hai unhas cantas semanas funciona un novo xornal "Praza Pública" que emprega o galego como lingua exclusiva. Canta falta facía!

Preme na imaxe para poder velo

viernes, 10 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO VENRES 10 DE FEBREIRO

Ola a todos e todas aquí vos deixamos as preguntas correspondentes ao venres desta 2ª semana de Preguntón. Veña a darlle aos miolos!!.

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

lunes, 6 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO MARTES 7 DE FEBREIRO

Ola querid@s preguntóns, xa vimos que vos aplicáchedes moito na resolución das preguntas da primeira semana.  En realidade, despois de ver as  respostas as mesmas, estamos abraiados do voso "saber". E como pensamos que sodes uns investigadores infatigables, aquí vos deixamos as preguntas deste martes.

PREGUNTA 1



PREGUNTA 2

viernes, 3 de febrero de 2012

VIDEO CONFERENCIA COA BAE NA ANTÁRTIDA "GABRIEL DE CASTILLA" E O NOSO CIENTÍFICO ARESAN JAVIER CRISTOBO

Esta semana tivemos a oportunidade de realizar unha video conferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla". A verdade é que foi todo un luxo poder contactar en directo cos científicos da mesma. Graza ao noso amigo Javier Cristobo (aresán de pura cepa), que como todos sabedes é un dos científicos que está a traballar na Base Antártica, puidemos realizar esta actividade. En riguroso directo os membros do Proxecto Antártico explicáronnos en que consistía o seu labor e o traballo que estaban a facer, pero o máis importante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar.
A actividade non remata aquí, xa que Javier seguirá en contacto con nós, mandaranos videos e fotos e poderemos seguir de cerca os seus traballos.
Aquí vos deixamos un pequeno video da videoconferencia.




AIDA FORMOSO RECIBE O PREMIO DA FUNDACIÓN BARRIÉ

A nosa alumna Aida Formoso (2º ESO) recibíu onte o Premio que a acredita como gañadora do "Preguntoiro Científico", organizado pola Fundación Barrié de la Maza.
En hora boa, Aida, de toda a comunidade educativa.




jueves, 2 de febrero de 2012

PREGUNTÓN DO VENRES 3 DE FEBREIRO

Ola... xa chegamos ao final da semana. Que pronto rematou, eh?. Ben, aquí vos deixamos as preguntas do venres . Se vos fixades, unha delas leva o título de "Xenius" e vale catro puntos. Xa sabedes, poñede a funcionar as vosas neuronas para conseguir todos os puntos.
Lembrade que o luns tedes que entregalas aos profesores responsables.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

CONTOS DA PAZ PARA OS PEQUERRECHOS DE 5 ANOS

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados "Buscando a paz" e "A espada pacifista". Ao remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º, dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con caramelos. Agardamos que volvan pronto a facernos unha visita.