Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

 Cada ano o 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Esa data foi oficialmente proclamada, en novembro de 2005, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.

   Hoxe, 27 de Xaneiro, lembramos ós millóns de homes e mulleres que sufriron ou morreron nos campos de exterminio nazis. Entre eles miles de españois e galegos e tamén da nosa comarca de ferrolterra. Na súa memoria e, en agradecemento á súa loita polos dereitos que son de todos e que hoxe gozamos, en parte grazas a eles, achegámonos cos alumnos de cuarto da ESO ao monumento que os lembra para amosar o noso agradecemento.

 

miércoles, 23 de enero de 2019

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe  no noso centro conmemoramos o Día Internacional das vitimas do Holocausto nun emotivo acto no que estivemos acompañados polos membros da Asociación Democrática da Memoria Histórica así como representantes do Concello e a comunidade educativa.
Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, acompañados pola música de Jaime e Jéssica, acenderon 6 velas para lembrar aos millóns de persoas asasinadas no holocausto.
Rematamos o acto coa Canción “Sólo le pido a Dios” de León Gieco, cuxa letra achéganos a tomar conciencia das inxustizas sociais  e dos abusos do poder establecido:

“Que a  dor non me sexa indiferente, que a guerra non me sexa indiferente, que o inxusto non me sexa indiferente, que o futuro non me sexa indiferente…”
Todos nós estamos chamados a saír da indiferenza porque a indiferenza fainos cómplices de tódalas inxustizas do mundo. Quen esquece a historia está condenado a repetila.