Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de mayo de 2023

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA

Construír produtos tecnolóxicos para resolver problemas e satisfacer as necesidades dos seres humanos. Esa é a función da tecnoloxía e a iso se dedicou o alumnado dos distintos grupos do noso centro escolar nas materias de Tecnoloxía e Educación Dixital.

Estruturas de papel capaces de soportar o peso dunha persoa, xogos e maquetas de distintos medios de transporte empregando material de refugallo, reloxos solares, tangrams, bailarinas movidas mediante mecanismos de transmisión de movemento, montaxe de circuítos electrónicos soldando os seus compoñentes en placas perforadas, prácticas de instalacións eléctricas, deseño de obxectos en 3D, prácticas de programación da placa Arduíno, programación de distintos videoxogos realizados con Scratch,... son algúns exemplos das distintas tarefas e proxectos realizados polo alumnado de 1º a 4º de ESO.

Nas seguintes imaxes aparece parte do alumnado de 2º de ESO amosando os seus produtos finais.

PARABÉNS a todos e todas polo gran traballo realizado!

 





sábado, 1 de abril de 2023

CONFERENCIA-TALLER CON RAFA GUERRERO. MI TORMENTA CEREBRAL EN LA ADOLESCENCIA, EN AFUNDACIÓN TV

 O alumnado de 3º de ESO participou  en directo na charla-taller, dirixida a adolescentes por Rafa Guerrero, psicólogo especialista en problemas de xestión emocional. Nela déronnos algunhas  claves sobre control emocional, aspectos relacionais, como é o cerebro nesta marabillosa idade de cambio, cal é a diferenza coa infancia e que cousas podemos facer para controlar os impulsos, entender as emocións e non perder a nosa actitude vital.

 Un taller  interesante, que ofreceu a posibilidade de entendernos a nós mesmos, e tamén ao resto de compañeiros e compañeiras que viven situacións similares.

Ademais a rapazada puido facer preguntas no chat e escoitar as doutros rapaces e rapazas da súa idade.

 



jueves, 28 de abril de 2022

COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE "CONTROL OFF"


 Na mañá de hoxe, tivemos o primeiro dos obradoiros programados dentro do proxecto “Control Off”, a iniciativa para achegar á mocidade formación específica en igualdade de xénero organizada entre o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello e o departamento  de Orientación do noso centro.

Nos obradoiros que abarcarán ata xuño, trataranse contidos básicos do desenvolvemento humano dende a coeducación, co obxectivo fundamental de previr a violencia de xénero, máis aínda dentro da contorna dixital. As temáticas tamén xirarán arredor das relación afectivas saudables a partir de metodoloxías dinámicas, empregando técnicas de debate, brainstorming… e outras ferramentas que implican ao alumnado.

 A planificación do proxecto inclúe dous tramos educativos distintos. Por unha banda, impartiranse sesións para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), mais tamén haberá varias formacións que se adaptarán ás necesidades de sexto de primaria, modulando os contidos e as metodoloxías de ensinanza. Así os nenos e nenas de primaria traballarán non tanto co foco nas relacións afectivas e bos hábitos dixitais, coma os seus compañeiros da ESO, senón en coñecer modelos positivos de convivencia, en pé de igualdade, e novos conceptos de masculinidade.

 Todos estes cursos serán impartidos por Rubén Villar, psicólogo con formación relacionada dentro do eido social, experto en psicoloxía forense pola USC e axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller homologado pola UNESCO.

#ConcellodeAres #CIMAres #ControlOFF #ViolenciadeXenero #CPIAsMirandas