sábado, 26 de mayo de 2018

O CPI As Mirandas gaña o Concurso ComunicaTedu organizado pola Consellería de Cultura e Educación


Este ano o noso centro participou por primeira vez no concurso ComunicaTedu ao ser seleccionado o noso proxecto. O grupo de 3º ESO gañou o primeiro premio!. Este concurso pretende afondar na competencia en comunicación lingüística. En concreto na competencia  oral activa a través do discurso oral. A iniciativa propón chegar a competencia desde metodoloxías innovadoras e desde unha perspectiva ética e crítica a través de temáticas que poidan espertar o interese do alumnado. Ademais pretende que se consiga esta competencia desde unha abordaxe que integre as metodoloxías activas e o traballo por proxectos, para conseguir a competencia en contextos comunicativos reais.  O tema desta edición foi "A alimentación como hábito de vida saudable".  O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo,  memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a gravación.  Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis. Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Mª Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de Lingua Galega de 4º da ESO. As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)

Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.) ;

Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.);

               O primeiro grupo composto por Uxía, Sergio e Sofía gañou o concurso!.  Parabéns!!!



http://www.ferrol360.es/alumnado-de-3o-de-eso-del-cpi-as-mirandas-ganador-del-concurso-comunicatedu/

martes, 22 de mayo de 2018

ÉXITO DA II FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR


Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@s  da materia de economía pola realización dese estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-, a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,  as asociacións deportivas de Ares (clube de remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de area para o sorteo dos premios.
E por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de educación Manuel Trigás,  a José Antonio Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas
 por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.


 
























miércoles, 16 de mayo de 2018

IV CONCURSO “GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP” PROGRAMA PRENSA-ESCUELA – VIAQUA 2017/2018

O noso centro está a participar na  IV edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”. Nesta edición  os escolares  darán a súa visión das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga pero a modo  de rap.  Así que os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria  rapearon os seguintes poemas:



  • “O noso barco”,   do libro de poemas “Soños na Gaiola” de Manuel María
  • “O arco da vella”,  do autor Xerardo Álvarez Limeses
  • Madrigal â cibdá de Santiago, da obra Seis poemas Galegos de Federico García Lorca
  • “O río” ,do libro de poemas “Cando o mar foi polo río” de Manuel María
Aquí vos deixamos a súas estupendas interpretacións

domingo, 13 de mayo de 2018

DESDE ARES CARA A BOIRO!. FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2018


Como ben dixo a miña compañeira Vanesa, un día moi longo para o reloxo que se nos fixo moi breve en experiencias. Voltamos á casa como finalistas, pero felices por esa experiencia inesquecible. Ver a emoción dos rapaces e rapazas ao longo do día foi espectacular. A verdade é que é un orgullo ver como traballaron durante toda a mañá como auténticos cineastas sen ter preparación audiovisual para sacar adiante 5 micromovies nas que foron guionistas, cámaras, redactores, técnicos de son, editores  (non imaxinei que puideran sacar adiante as súas producións cun editor do que non tiñan coñecemento e que estaban a ver por primeira vez  nun tempo record).
Só darlles a en hora boa e sobre todo desexar que gozasen da xornada, aínda que vendo as súas caras non o dubido.
Noraboa aos compañeiros organizadores do Festival Olloboi, vaya equipo e menudo traballo... 
Grazas tamén  ao noso cómplice o diretor  Alfonso Zarauza por prestarse a “xogar” con nós acompañándonos, ensinándonos, dándonos consellos e compartindo experiencias,e tamén ás nosas cómplices María Lobo e Sabela ,e a  todo o elenco de traballadores do cine galego. 

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da nosa xornada no Festival Olloboi 2018 e algunhas das pezas audiovisuais realizadas polo alumnado de 2º da ESO ao longo da mañá.










FINALISTAS NO OLLOBOI 2018

Menuda noticia!!! o noso centro finalista en dúas categorías no Festival Audiovisual OLLOBOI entre cerca de 200 traballos presentados a concurso de toda Galicia.
A curta realizada polo alumnado de 2º ESOA quedou finalista ao mellor guión co seu traballo "Katherin Johnson, a muller que levou ao home á lúa", realizado dentro da actividade "Mulleres que fixeron historia" proposta polo EDLG no Día Internacional da muller, e os nenos e nenas de 4º de primaria quedaron finalistas na categoría PEQUES co traballo "O Pergamiño Vindel volve ao lar". 
En hora boa a todos polo voso esforzo, e ás profes que colaborástedes e fixéstedes posible a realización destes traballos co voso alumnado.
                                                             Vémonos en Boiro!!!!!





lunes, 7 de mayo de 2018

XA TEMOS GAÑADORES DA VII EDICIÓN DE “O PREGUNTÓN” METEOESCOLAS


Rematou a VII Edición de "O Preguntón" Meteoescolas. Queremos dar a en hora boa a todos os que participáchedes e os nosos parabéns aos gañadores e finalistas.
En breve comunicaremos a data de entrega de premios e diplomas a todos os concursantes.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano máis!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.



SOLUCIÓNS PREGUNTÓN ÚLTIMA SEMANA


miércoles, 2 de mayo de 2018

ENCONTRO ENTRE DOCENTES DE AUDIOVISUAL EN GALICIA


O venres 27 de abril A Coruña acolleu un encontro -patrocinado polo Concello da Coruña- entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia. Asistimos 39 docentes de 31 centros: 11 de bacharelato de artes, 9 de bacharelato con optativas relacionadas co audiovisual e outros 11 centros con tradición audiovisual.


Entre todas e todos decidimos crear varios grupos de traballo que ao longo dos próximos meses explorarán eidos como a formación de docentes, a elaboración de material didáctico para alumnado e a definición de demandas comúns para a Administración. No horizonte, un segundo encontro a finais deste ano, no que poder establecer en común, coa participación de tódolos axentes implicados, unha folla de ruta para a planificación e desenvolvemento de estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a labor actual dos docentes e potencien a ensinanza da cultura audiovisual na nosa comunidade.
A ausencia dun programa estandarizado de alfabetizacion audiovisual derivou nos últimos anos nunha gran variedade de proxectos e esforzos de todo tipo levados a cabo dende os centros educativos, comunidade de docentes e profesionais do medio audiovisual; inciativas todas elas que abarcan distintos e diversos modelos de actuación e procedementos metodolóxicos. A Academia Galega do Audiovisual impulsou esta primeira xuntanza, coa intención de propiciar un proceso participativo e de diálogo aberto entre os distintos axentes implicados nestes proxectos e esforzos.



Asistimos ao encontro: IES A Xunqueira I, IES Adormideras (A Coruña), IES As Lagoas, IES Carballo Calero, IES Concepción Arenal (Ferrol), IES Monte Castelo, IES Politécnico de Vigo, IES Ramon  Maria Aller Ulloa, IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES Sanxillao, IES A Cachada –Olloboi (Boiro), IES As Barxas (Moaña), IES de Cacheiras, IES Carlos Casares, IES Chamoso Lamas, IES O Castro (Vigo) , IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), IES Porto do Son, IES Salvaterra de Miño, CPI As Mirandas (Ares),  CPI Virxe da Cela(Monfero), CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, CEIP A Lama, CEIP do Carballal, CEIP Coiron, Colexio Galaxia, Colexio María Assumpta, CPI Plurilingüe dos Dices  e CEE de Vilagarcía de Arousa