viernes, 29 de abril de 2016

A VIDA DAS PERSOAS NA IDADE MEDIA


Presentamos o último vídeo sobre o proxecto da idade media no que os nenos e nenas de 3º A  fálannos de como era a vida das persoas nese etapa da historia.  Esperamos que aprendades moitas cousas, como eles fixeron tras a elaboración deste traballo.

  Parabéns para todos eles e elas.


        

jueves, 28 de abril de 2016

A ESCOLA PROTÉXENOS: SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI CONDE DE FENOSA

Esta semana no CPI Conde de Fenosa alumnos/as e profes unímonos á campaña da SAME, Semana de Acción Mundial pola Educación, baixo o lema "A escola protéxenos". O paraugas do mural que fixemos, simboliza a protección que nos está a ofrecer a escola.Pódese decir máis alto pero non máis claro #A educación protéxenos#, por iso hai que #protexer o seu financiamento#.
É necesario que os representantes políticos se comprometan co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan así o quere.  Por iso movilizámonos  no noso cole en apoio a esta demanda.





PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA

Hoxe tivemos a visita de Andrea e Sara ex-alumnas do noso cole e, aproveitando a súa visita, quixeron presentarnos as novidades do tempo de cara a este fin de semana que comeza. Aquí vos deixamos coa previsión. Moitas grazas rapazas.


lunes, 25 de abril de 2016

OS CASTELOS, POLOS NENOS E NENAS DE 4º A DE EP.

Seguimos cos traballos que levamos a termo no proxecto sobre a Idade Media. Agora son os nenos e nenas de 4º A os que nos falan sobre os castelos, auténticas fortalezas dos nobres e que servían como defensa  propia e das vilas que del dependían. A continuación podedes ver o magnífico traballo realizado polo grupo de 4º A.

                                                                Parabéns para todos eles e elas.


            

PREGUNTÓN SEMANA 2

Aquí tedes as preguntas da segunda semana de preguntón. Ánimo!!!


RESPOSTAS PREGUNTÓN SEMANA 1


jueves, 21 de abril de 2016

CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE

A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.

Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.




lunes, 18 de abril de 2016

PREGUNTÓN SEMANA 1

Comezamos xa!!!!!. Aquí tedes as preguntas desta primeira semana. Acordádevos que tedes ata o luns da semana que ven para depositar as respostas na furna correspondente. Ánimo e moita sorte!!!


sábado, 16 de abril de 2016

A VESTIMENTA DA IDADE MEDIA. POLOS ALUMNOS/AS DE 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aquí vos deixamos o traballo que os nenos e nenas de 3º B estiveron a realizar no proxecto sobre a Idade Media. Si os de 4º nos falaron sobre a sociedade feudal, estes magníficos nenos e nenas de 3º  móstrannos o que aprenderon sobre a vestimenta desa época da historia. Non volo perdades!!!.
Parabéns para todos eles e elas.

           

jueves, 14 de abril de 2016

A SOCIEDADE FEUDAL. POLOS ALUMNOS DE 4º B

Os alumnos de 4º de primaria estiveron a traballar nun proxecto sobre a Idade Media. Neste vídeo mostrannos todo o que aprenderon e investigaron sobre elo: o periodo que abrangue, a sociedade medieval, os castelos, os trovadores e xoglares, os cabaleiros... Pero mellor que o vexades.
Parabens polo traballo ben feito!!!.


                         

miércoles, 13 de abril de 2016

PROXECTOS OS PIRATAS. EI 4 ANOS

Este é o proxecto dos PIRATAS, que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no primeiro trimestre. Nel cóntannos todo o que aprenderon sobre os piratas: ónde viven, qué piratas coñecen, partes dun barco pirata, cancións poemas e adiviñas... Vede que chulo...Aquí tedes o resultado.

I XOGOS OLÍMPICOS GRECO- ROMANOS

O pasado 18 de Marzo celebramos no colexio as primeiras olimpiadas  entre gregos e romanos con xogos populares variados: TABÚ, O PANO, RELEVO DE ZAPATONES, PARACAÍDAS,PELOTA AMOROSA, BRILÉ, CARREIRAS DE SACOS E DE CANGUROS, TIRO DA CORDA E ESQUIVAR E DAR.

                         

jueves, 7 de abril de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA

Aqui vos deixamos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana.


miércoles, 6 de abril de 2016

III EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela do noso centro, organizan a III Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creatividade do noso alumnado.

Aquí tedes as bases. Veña, animádevos a crear!!!!



lunes, 4 de abril de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS DE MANUEL MARÍA

Este curso dedícaselle o Día das Letras Galegas a MANUEL MARÍA, por este motivo, poñemos en marcha no noso centro dúas mochilas viaxeiras con 7 títulos cada unha que recollen a obra do autor. E para que vos aproximedes A Manuel María, aquí deixámosvos un vídeo no que poderedes atopar unha pequena escolma sobre a súa vida. No remate do vídeo encontrarás un poema musicado por Mini e Mero, chamado ' o aradiño' .



TÍTULOS DA MALETA VIAXEIRA

sábado, 2 de abril de 2016

COMEZA A VI EDICIÓN DE "O PREGUNTÓN"

Ola a todos e todas,  xa estamos de novo co noso concurso O Preguntón na súa VI Edición. Sei que xa estades desexando comezar pero antes de nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o xoves 14 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos que podedes recoller na biblioteca ou na vosa clase.  Recordade que debedes formar un equipo de dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou de cursos distintos.
O concurso comezará o martes 19 de abril  e rematará o 10 de maio e as preguntas estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e  Carabeladeares da Biblioteca, así como nun panel no corredor de secundaria e na biblioteca.

Vamos... animádevos a participar!!!!!. Comeza a conta atrás.....