miércoles, 28 de abril de 2021

HISTORIAS DOS NOSOS AVÓS E AVOAS. NARRACIÓN ORAL

Con esta actividade pretendemos que o alumnado do 1º ciclo de ESO coñeza as historias de vida dos seus avós e avoas; as súas  orixes, como viviron, como foi a súa xuventude, cal era a forma de divertirse nos seus tempos... en definitiva, a súa historia.

 Logo do traballo de investigación realizarán ben unha gravación de audio, ben unha con imaxe e audio, tanto deles como dos seus familiares. Nela recolleranse os resultados do traballo da narración oral.

Obxectivos

·       - Potenciar e estimular o uso oral do galego.
-Utilizar ao propio alumnado como elemento dinamizador.
-Fomentar a creatividade e a participación do alumnado.
-Potenciar o diálogo cos maiores e rescatar a memoria histórica.


             




viernes, 23 de abril de 2021

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. CPI AS MIRANDAS

 O día Internacional do Libro é unha data moi especial para as escolas, para os lectores e para todas as persoas amantes dos libros. No noso centro unímonos a Biblioteca Carabela, O Equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo do proxecto ERASMUS+  e a Concellaría de  Cultura do noso concello para facer e programar unha morea de actividades.  Aquí vai unha mostra delas.

 IV EDICIÓN do CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS 


CONCURSO DE MICRORRELATOS EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE ARES



POEMAS CON AROMA A ROSA ( Realizados polo alumnado de 6º EP)


ERASMUS -DÍA DO LIBRO

Nas seis escolas que estamos  no ERASMUS preparamos algunhas actividades en común. Fixemos un libro-vídeo (en dúas versións inglés e galego) sobre a vida de Cervantes e Shakespeare ademais doutro sobre a orixe desta celebración e os diferentes eventos que teñen lugar en outros países.



Tamén  as nenas e nenos realizaron marcapáxinas, debuxos, colgadores de portas ou minilibros




Como vedes, unha morea de actividades para celebrar e gozar deste día

FELIZ DÍA DO LIBRO


A lectura, como o amor, é a pedra ideal para afinar a nosa alma

 Paul Desalmand- Escritor 









sábado, 10 de abril de 2021

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021. CPI AS MIRANDAS

Neste vídeo o alumnado da ESO fai unha lembranza da vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.

jueves, 8 de abril de 2021

ENCONTROS CON ACTIVISTAS DOUTROS PAISES. PROXECTO ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Seguimos co noso proxecta “Activistas polo Mundo que Queremos” e nesta parada tomamos contacto con activistas doutros países. No noso caso puidemos contactar con Grecia Villalobos activista salvadoreña transxénero, defensora dos dereitos humanos, especialmente aqueles da poboación trans. Grabamos algunhas preguntas para enviarlle e ela moi amablemente respostou enviándonos o seguinte vídeo.




             

miércoles, 7 de abril de 2021

I CONCURSO DE MICRORRELATOS . DÍA DO LIBRO 2021

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día do Libro, o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o 

 I Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES. 

IV CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS



O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG), a Biblioteca Escolar Carabela e o Proxecto Erasmus+ “Artworks from European Festivities and Traditions” do CPI As Mirandas organizan a IV Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros.

                              Animádevos a participar e…deixade voar a imaxinación!!!


AQUÍ PODEDES CONSULTAR AS BASES

Concurso Portada de Libros by yolick20003194 on Scribd

lunes, 5 de abril de 2021

ENREGUÉIFATE 2021

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado. 

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino. O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.