Mostrando entradas con la etiqueta Alberto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alberto. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

CASTELAO XA FICA NAS PAREDES DO NOSO COLE

       Achégase o día das letras galegas e este curso non poderemos celebralo como quereriamos. As nosas aulas seguen  valeiras pero, Alberto, o noso conserxe, segue ao pé do canón facendo as súas tarefas e,  ademais, enchendo de galegos ilustres os nosos espazos. Grazas a el, Castelao xa fica nas nosas paredes.
 Escribía Carvalho Calero na súa obra “Escritos sobre Castelao” que parte da vitalidade e o sentimento que tiña dentro del, debíase en gran parte a galegos ilustres como Risco, Otero e especialmente Castelao, cuxa obra e vida son unha permanente homenaxe a Galicia. Penso que tamén Alberto ten esa vitalidade que Carvalho Calero sentía dentro del.
Grazas  Alberto por compartir a túa arte co noso cole, co teu cole.

jueves, 30 de abril de 2020

ALBERTO, ACHÉGANOS A ROSALÍA. #ficamosnacasa.#volveremos.

Alberto, o conserxe do noso centro segue a sorprendernos. Nesta etapa na que  as nosas aulas e o noso cole fican baleiros, el segue  a enchelo de arte e de luz. Este ano non poderemos celebrar o Día das Letras Galegas no centro escolar máis, grazas a Alberto, á nosa Rosalía estará presente nas nosas paredes para render homenaxe a Carbalho Calero e preparada para darnos a benvida cando voltemos.

Grazas Alberto💓