martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2024

A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas  propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.

Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.

Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. O acto finalizou cantando todos xuntos  a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.

 

     

👉  Por outra banda, e en formato podcast, o alumnado de 3º de ESO realizou un programa especial

 sobre o día da paz que podedes escoitar aquí.

👉Tamén o alumnado de 4º de ESO preparou e interpretou  dous contos sobre a paz 

para os nenos e nenas de 1º a 4º de Educación Primaria. 

 


 

👉Por último o alumnado de todos os niveis deseñaron debuxos e logos alusivos á paz que foron impresos en pegatinas e repartidas a toda a comunidade educativa.

 


 Aquí queda unha presentación con todos os debuxos sobre a Paz






jueves, 25 de enero de 2024

OBRADOIRO DE RCP PARA O ALUMNADO DE ESO

 O obxectivo principal deste obradoiro é ensinar aos estudantes as técnicas básicas de RCP para que estean preparados para responder de maneira efectiva en situacións de emerxencia, especialmente cando alguén experimenta un paro cardíaco.







domingo, 21 de enero de 2024

viernes, 19 de enero de 2024

PONTE NAS ONDAS... PREPARANDO O DÍA MUNDIAL DA RADIO

 




NOTA.convocatoria DMR2024.Gal by veracruces on Scribd

VII CONCURSO PARA DESEÑO DE CARTELES 8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades promove o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 22 de febreiro.

00 BASES Concurso Carteis 8M 2024-Sen Anexo by veracruces on Scribd