lunes, 30 de octubre de 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2023

 Nos días previos á celebración do Samaín un ano máis o alumnado do CPI As Mirandas anímase a deixar voar a imaxinación e amosar a súa creatividade participando nunha actividade que xa ten unha longa traxectoria no noso cento educativo:  Exposición de Cabazas.







SEMANA DO MEDOOOOOOO!!!

Esta semana e a pasada convertimos a nósa biblioteca nun recuncho de lecturas de medo.

O alumnado de 5º e 6º de E.P. prestáronse voluntarios para facer lecturas de medo. Foi unha experiencia moi chula e terrorífica...





SAMAÍN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Un ano máis a Biblioteca Carabela quere contribuír á celebración do Samaín. Podedes  visitar a exposición cunha arrepiante selección de contos e historias terroríficas, onde os libros conviven con meigas, cabazas, pantasmas, arañas e outros seres arrepiantes... E se sodes o suficientemente valentes, poderedes animarvos a ler unha selección de libros de literatura fantástica e contos de terror.... Que medo!!

 



 

jueves, 26 de octubre de 2023

SOMOS UN POBO DE ARTISTAS

 Pois como o prometido é débeda aquí temos xa o podcast feito polo alumnado de 1º da ESO con motivo do Día do Orgullo Neofalante. Despois do obradoiro de formación (impartido por Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando) e da fase de investigación realizada no cole, na que o alumnado afondou na enorme variedade da escena musical galega, esta estupenda rapazada plasmou todo o seu traballo neste magnífico programa de radio. Parabéns a todo o alumnado de 1º de ESO polo ben que o fixeron e mención especial a Manu Ramil (alumno de 1º A) que realizou a gravación, edición e montaxe do mesmo. Sodes uns cracks!.

(Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.)

 Aquí tedes o podcast “Somos un pobo de artistas”. Non deixedes de escoitalo.

 

 

miércoles, 25 de octubre de 2023

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2024

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu. Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación. 

 Categoría A: educación infantil e primaria 

Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial 


Convocatoria Concurso Exposicion Letras Galegas 2024 by veracruces on Scribd

viernes, 20 de octubre de 2023

VII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

 


📷 A Concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a sétima edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

📸 O prazo de presentación das imaxes comeza este mércores, día 18, e permanecerá aberto ata o sábado 📅 4 de novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo enviando as súas fotografías (sendo dúas o máximo establecido) ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.

📷 As modalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 12 anos (categoría A) e unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 13 e os 18 anos (categoría B). Todos eles deberán estar empadroados en Ares ou ser alumnos do CPI As Mirandas.

📸 Coa convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a capacidade  de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

📸 As fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun tamaño de 6 a 12 megapíxeles.

📷 No mesmo correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se poderán descargar na páxina web do Concello www.concellodeares.gal .

📸 No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.

📷 Así mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.

📸 As fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún concurso con anterioridade.

Segundo informou a Concellaría de Cultura, o xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.

📷 As fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2024, identificando o nome dos autores. Ademais, os gañadores recibirán un agasallo específico de cada categoría (unha cámara de fotos ou tablet e un lote de libros).

👉 FORMULARIOS DE INSCRICIÓN:

https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2023/10/FORMULARIO_DE_INSCRICION_FOTOGRAFIA_XUVENIL-2023.pdf



jueves, 5 de octubre de 2023

RETO DE TECNOLOXÍA: "SALVAR O OVO"

 O alumnado de 1º de ESO coa profe  de tecnoloxía, Elisa, estiveron a deseñar  e construír con material de refugallo un artefacto, armazón ou embalaxe que protexera un ovo nunha caída libre dende un primeiro piso. O reto consistiu en que o artefacto deseñado polo alumnado protexera o ovo e que este non rompera e resistise o impacto.  A verdade é que a rapazada implicouse e , aínda que algún ovo rematou esnaquizado, o reto resultou xenial grazas a creatividade do alumnado. Parabéns!

Obxectivos:

·         -Utilizar o método científico nos experimentos e utilizalo para tomar decisións de deseño.

·        - Explorar e utilizar as propiedades dos materiais

·         -Aprender sobre a suspensión

·         -Aprender sobre a gravidade.