Grazas Alberto💓
jueves, 30 de abril de 2020
ALBERTO, ACHÉGANOS A ROSALÍA. #ficamosnacasa.#volveremos.
Alberto, o conserxe do noso centro segue a sorprendernos. Nesta etapa na que as nosas aulas e o noso cole fican baleiros,
el segue a enchelo de arte e de luz. Este
ano non poderemos celebrar o Día das Letras Galegas no centro escolar máis, grazas
a Alberto, á nosa Rosalía estará presente
nas nosas paredes para render homenaxe a Carbalho Calero e preparada para
darnos a benvida cando voltemos.
domingo, 26 de abril de 2020
A CREATIVIDADE EN TEMPO DE CONFINAMENTO NO CPI AS MIRANDAS
A creatividade é un recurso necesario tanto
para o coñecemento como para o entretemento das persoas, pero nestes tempos de
confinamento o é aínda máis. Moitas familias,
alumn@s e profes atrevéronse co mundo audiovisual mostrándonos
algunhas das actividades que
realizan.
Serie… “En tempos de confinamento”.
Contos, música, traballos,
vídeos cómicos…que na maioría dos casos teñen a corentena como eixo das
historias. Xa vedes...quedámos na casa pero non
paramos!!!
Aquí deixámosvos estas producións feitas
con moito amor e humor.
Co seu permiso compartimos estes simpáticos e espectaculares vídeosSerie… “En tempos de confinamento”.
Etiquetas:
CREATIVIDADE EN TEMPO DE CONFINAMENTO,
CUARENTENA
jueves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO 2020 NO PI AS MIRANDAS
Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro.
En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca Carabela, pero a pesares da ausencia sabemos que nas vosas marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.
En condicións normais estariamos ao celebrar no noso cole con diversidade de actividades desde o noso Equipo de Dinamización Lingüística e a nosa Biblioteca Carabela, pero a pesares da ausencia sabemos que nas vosas marabillosas mentes foron aflorando ideas para facer máis amena a estancia na casa. Nestes tempos de confinamento, a mellor opción é apostar polos libros que nos convidan a viaxar, a embarcarse en historias incribles, a saír das nosas casas e mergullarnos en universos alternativos. A través deles viaxamos por este mundo e polas estrelas, vivimos aventuras formidables, sentimos emocións extraordinarias, facemos amizades literarias, vencemos inimigos imaxinarios, compartimos vivencias intensísimas e sentímonos máis vivos e libres.
Sei que moitos de vós tedes sentido na vosa propia pel esta terapia
formidable da lectura, como así o
reflectides en tódalas fotos que nos estivéchedes enviando durante esta etapa de confinamento.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos alumnxs, ás vosas familias, aos profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI As Mirandas.
Con todas elas quixemos facer este vídeo, non só para conmemorar o Día do Libro senón tamén para render unha merecida homenaxe a todos vós queridos alumnxs, ás vosas familias, aos profes e a todo o persoal da nosa magnífica comunidade educativa do CPI As Mirandas.
Moito ánimo, apertas a moreas
e.... vémonos pronto, no o dubidedes.
Querémosvos. Bicos mil
viernes, 17 de abril de 2020
PARABÉNS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO E AS SÚAS PROFESORAS DE MATEMÁTICAS
RETO BIGDATA, a oportunidade de participar nun Datatón e viaxar
a Silicon Valley.
A comunidade educativa do CPI As Mirandas de Ares quere transmitir os seus
parabéns aos dous equipos de alumnado de 4º de ESO e a súas profesoras de
matemáticas, Mª Belén Morón e Cristina Sande finalistas do Reto BIG DATA
organizado pola Obra Social de La Caixa.
Dous grupos formados por 8 alumnos de 4º da ESO do CPI As Mirandas, están
entre os finalistas nacionais do Reto Big Data: a intelixencia dos datos, un
programa realizado pola Obra Social de "La Caixa" para contribuír ao
desenvolvemento da capacidade dixital do alumnado e promover unha actitude
crítica e realista cara as tecnoloxías.
O reto desta edición foi redactar unha noticia que, baseada na análise de
datos concretos, desenvolvera un enfoque
e reflexionara sobre cómo avanzar na consecución do 12º Obxectivo de Desarrollo
Sostible relacionado co consumo e a produción sostibles.
Con dúas novas, desenvolvidas ó redor do Obxectivo de Desenvolvemento
Sostible “Consumo e Producción Sostible”: "Cociñar para tirar" e
“Desfeitos electrónicos: o noso futuro en xogo” describen como a tecnoloxía e o
Big Data poden axudar a lograr uns hábitos de consumo máis sostible.
En Galicia foron seleccionados tres centros finalistas, o noso centro por
partida dobre, xa que foron finalistas os dous proxectos dirixidos polas nosas
compañeiras Belén Morón e Cristina Sande (profesoras de matemáticas).
Debido ao estado de alarma e seguindo as recomendacións gubernamentais
cancelouse a actividade presencial(participación nun Datatón en Barcelona e a
Viaxe formativa a Silicon Valley) pero no vindeiro mes de maio participarán nun
Datatón (resolver un reto partindo da análise e o tratamento de datos coa axuda
de profesionais deste ámbito coa oportunidade de reunirse cos xóvenes doutras
cidades e colexios desenvolvendo as súas competencias dixitais nun entorno
divertido e diferente), que debido ás circunstancias será nun formato Campus
Virtual, pero que sen dúbida aproveitarán e disfrutarán.
Noraboa de novo ás alumnas: Salma, María,
Irune, Paula, Yaiza, Clara e Carolina, e ao alumno Lucas e ás profesoras Belén
Morón e Cristina Sande que lideraron o proxecto.
miércoles, 15 de abril de 2020
CPI AS MIRANDAS. 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO
AUTORRETRATOS CON LIBROS.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela do CPI As Mirandas propoñémosvos participar nunha actividade de
fotografía pensada para celebrar o "Día do Libro", o
vindeiro 23 de abril:
- Dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias...
- A actividade ten por obxecto a creación dunha foto na que aparezades retratados xunto ca portada dun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
- Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada: continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Podédesvos disfrazar dos personaxes do libro se queredes...
- Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.
- Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.
- As fotos deben ser enviadas ao correo electrónico do EDLG: tesmoitalingua@gmail.com ou por washap ao nº 686766856
- A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020.
- Exposición: As fotos presentadas serán subidas aos blogs do EDLG e biblioteca e á páxina web do cole.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)