Mostrando entradas con la etiqueta Excursiones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursiones. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de febrero de 2020

VIDAS, TORRENTE E MENINAS NUNHA MESMA XORNADA. SAÍDA DE 1º DA ESO A FERROL


Hoxe o alumnado de 1º da ESO realizou unha marabillosa e moi produtiva saída cultural a Ferrol.  Primeiro achegáronse ao  Centro Cultural Torrente Ballester onde puideron ver a estupenda exposición do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón titulada “Vidas”. Unha mostra fotográfica na que partindo sempre da sensibilidade e o respecto, plasmou  todas esas almas que tiveron que abandonar a súa terra  e cruzar fronteiras na procura dun novo lugar onde asentarse. A través de máis de setenta imaxes capturadas en más de trinta países de América, África, Europa e Asia durante os últimos vinte años, Gabriel Tizón amosa realidades duras, moitas veces descoñecidas, pero tamén instantáneas nas que a felicidade e a esperanza ábrense camiño a pesares da adversidade.


Tamén no torrente Ballester percorreron a exposición “Imaxe de cen anos”, unha mostra coa que o Concello de Ferrol abre o ano dedicado ao profesor Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica  o Día das Letras Galegas. Nela puideron percorrer a vida e a obra do autor ademais dunha serie de artigos cedidos pola súa familia, como as medallas da RAG e de Cátedra, os reloxos de man e bolsillo, ou o seu bastón.


E para finalizar o percorrido que mellor que unha visita guiada ás Meninas de Canido, un exemplo de como a arte urbana pode mudar por completo no só o aspecto exterior e a fisionomía dun barrio, senón tamén a alma e a vida do mesmo.

Desde unha das localizacións máis privilexiada, o can do cadro das Meninas mira cara ao infinito, botella en man,  pasando de papel secundario a protagonista, caracterizado coa indumentaria do pintor. 


miércoles, 30 de octubre de 2019

EN VERTICAL. ESCALADA NO ROCÓDROMO DE RIAZOR


Grazas ao premio conseguido no Concurso Escolar ONCE os alumnos/as  de 2º de ESO puidemos realizar unha actividade super chula da man de AMI ( Asociación de Montañeiros Independentes). Así, o luns  28 fomos ao rocódromo de Riazor onde puidemos realizar escalada da man de Mariquiña, Jorge e Cristina.
Primeiro explicáronnos as distintas modalidades dos deportes de montaña e proxectáronnos un vídeo dunha expedición dun membro de AMI ao K2. Tamén déronnos nocións básicas de material e seguridade antes de comezar coa prática da escalada no rocódromo.
Foi unha actividade xenial e divertida tanto, que quedamos con gañas de volver a repetir a experiencia.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.

viernes, 12 de enero de 2018

VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO A COMPOSTELA

Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 15 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.


Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía realizamos unha busca de lugares. Cunha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban os diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Tiñan que localizar 7 puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.


Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da xornada


miércoles, 10 de enero de 2018

VISITA DO ALUMNADO DE 4º ESO AO PARLAMENTO DE GALICIA E AO GAIAS

O pasado mércores, día 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 4 de ESO tivemos a sorte de viaxar ata Santiago para visitar o Gaiás (Cidade da Cultura) e o Parlamento Galego.
Na Cidade da Cultura descubrimos a riqueza cultural galega que, por desgraza, segue a ser moi descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o museo do Gaiás, con exposicións temporais; a arquitectura e os diversos compoñentes do complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galegos, con máis de 2.000.000 libros, e o Centro de Emprendemento. Neste último, se cadra o que máis gozamos, chamounos a atención o gran traballo que fan dende a Cidade da Cultura para impulsar as innovacións e as pequenas empresas.
Sen dúbida, todo un complexo de inigualable valor cultural e arquitectónico!.
No parlamento galego tivemos a sorte de asistir a unha sesión de pleno, na que se discutía a situación actual dos montes de Galiza. Esta foi unha experiencia nova para tod@s.
Ademais, realizamos unha visita guiada por todas as estancias do edificio. Sen dúbida, as que máis nos gustaron foron as salas de reunión dos distintos partidos políticos. Tamén realizamos prácticas de debate, e mesmo descubrimos que podemos participar directamente no goberno!
Foi unha xornada xenial que repetiríamos sen dúbida.
                                                                                                                Verónica


jueves, 21 de marzo de 2013

EXCURSIÓN DOS DE 5º EP Á CORUÑA

O día 13 de marzo os alumnos de 5º de EP fomos de excursión a Coruña e pasámolo moi ben. Xa de camiño, na autoestrada, vimos un pouco de neve pero logo tivemos un día moi bo. No centro cultural ÁGORA escoitamos un concerto didáctico: "As formas do noso folclore", a cargo da Banda Municipal de Coruña. Logo xantamos e visitamos a Domus. Pola tarde fomos a Casa das Ciencias, onde estivemos nunha sesión no Planetario e aprendemos o nome dalgunhas estrelas e constelacións.Gustounos moito.
Alumnado de 5º de EP.