Mostrando entradas con la etiqueta Save the children. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Save the children. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de abril de 2025

XV CARREIRA SOLIDARIA DO NOSO COLEXIO: UN DÍA DE LUZ E ESPERANZA

 Nun día soleado, no que o tempo nos acompañou, o noso colexio celebrou a XV Carreira Quilómetros de Solidariedade, consolidándose como Centro Embaixador de Save The Children por décimo quinto ano consecutivo. Coma sempre, foi unha xornada chea de ilusión, esforzo e solidariedade.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria é unha experiencia que merece a pena, xa que moitos nenos e nenas en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar a vida das máis vulnerables. O alumnado de infantil e primaria realizará a carreira no mes de xuño, como remate do curso, xa que os estudantes de ESO estarán nese mes inmersos nos exames finais.

Todo o recadado nesta iniciativa será enviado á ONG Save The Children, da que somos centro Embaixador desde hai 15 anos.

 Queremos agradecer a participación de todo o alumnado e profesorado, así como ás familias que patrocinaron a carreira coas súas doazóns. Tamén agradecemos ao concello, á policía local de Ares e a protección civil a súa colaboración e apoio.

Esta carreira é unha mostra do noso compromiso coas causas solidarias e unha oportunidade para ensinar ao noso alumnado o valor de axudar aos demais. Seguiremos traballando xuntos por un mundo máis xusto e solidario.

jueves, 20 de junio de 2024

XIV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 Un ano máis, e xa van catorce, o noso colexio como Centro Embaixador de Save  The Children   organizou a XIV Carreira Quilómetros de Solidariedade.

Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto ás familias por patrocinar coas súas aportacións esta causa, ao concello, á policía local de Ares e a protección civil.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.

jueves, 31 de marzo de 2022

AXUDA HUMANITARIA Á INFANCIA DE UCRAÍNA. CPI AS MIRANDAS

Como sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os  nenos. Por elo, o alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína.

                     Pero mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.


Todo o recadado irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).

Tamén as rapazas e rapaces de 1º de ESO quixeron poñer voz ao seguinte manifesto que foi escrito,  polas nenas e nenos  de Mali, Sudán, Colombia, Yemen e Siria, países en conflito. Nel se expresa o que pensan das guerras e fan un chamamento aos dirixentes para que tomen medidas XA, porque todas as guerras son guerras contra a infancia.


domingo, 22 de diciembre de 2019

CPI AS MIRANDAS. CENTRO EMBAIXADOR DE SAVE THE CHILDREN. CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE


Este xoves, 19 de decembro, tivo lugar a IX Carreira Quilómetros de Solidariedade que, como todos sabedes, realizamos en colaboración coa ONG Save The Children. Resultou un día estupendo no que todo o alumnado do centro gozou dunha lúdica e deportiva xornada. Ata o tempo deunos unha tregua  para que o alumnado da ESO puidese saír pola nosa vila.
Pero este ano, a nosa carreira solidaria tivo un matiz especial e nos sentimos enormemente contentos xa que recibimos de mans de Ana, a delegada de Save the Children (que vixou expresamente dende Madrid), o recoñecemento de Centro Embaixador  Save the Children polo noso compromiso e labor a prol da solidariedade cos nenos e nenas máis desfavorecidos. Nun acto no que estiveron presentes ademais da representante de Save the children, o inspector de educación Rubén Ponte, a concelleira de educación Noelia Montero e a atleta Paula Mayobre, recibimos a placa que nos nomea como centro Embaixador.

Queremos agradecer:

·   A toda a comunidade educativa: alumnado, país e nais, familias en xeral, e profesorado a vosa solidariedade e colaboración. Sodes estupendos!
·   Á nosa atleta e madriña de oficio Paula Mayobre por colaborar con nós durante estes 9 anos... e esperamos que moitos máis.
·     Ao Concello de Ares, policía local e protección civil pola súa inestimable axuda no desenvolvemento da carreira.
·     A Supermercados GADIS pola doación de auga, caramelos, globos, pulseiras...e o empréstito do arco de Meta.
·     A Froitería Bacelo y López que nos aporta a froita como reconstituínte.
·     A trofeos MARVI pola doación dos trofeos para os rapaces e rapazas.
·     A  Luís de Floristería Real que sempre pon ese toque de cor cos seus ramos de flores

En nome do CPI As Mirandas grazas a tod@s.

Este recoñecemento é posible grazas a vós


Nos seguintes vídeos podedes ver o resumo da xornada.

CARREIRA ESO



CARREIRA INFANTIL



CARREIRA PRIMARIA



Acto de recoñecemento como Centro Embaixador de Save the Children



Os selfies do noso profe Carlos