lunes, 28 de febrero de 2011

COMEZA O PREGUNTÓN

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos aquí de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades mais que preparados e motivados para contestar a todas as preguntas que vaiamos colgando. Aqui vos deixamos as primeiras correspondentes a este martes 1 de marzo.  Xa vedes que estas son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.... 

Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!



miércoles, 23 de febrero de 2011

Xa está aquí o Entroido



Si queredes saber mais sobre o Entroido picade no seguinte enlace:
http://www.coordinadoraendl.org/2011entroido/index.php,aquí encontraredes toda a información que precisedes así coma
cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios,manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.



sábado, 19 de febrero de 2011

LEMBRADES QUEN VÉN O 23? ANXO FARIÑA!!!

NON ESQUEZADES APUNTAR AS VOSAS PREGUNTAS. ATA LLE PODEDES ENSINAR OS DEBUXOS QUE FIXESTES DOS SEUS DEBUXOS!
DEIXAMOS ALGUNHAS DAS ÚLTIMAS FOTOS QUE APARECEN NO SEU BLOG, PERO TAMÉN PODEDES BOTARLLES UNHA OLLADA ÁS QUE ESTÁN COLGADAS DA SÚA VISITA O CURSO PASADO AO NOSO CENTRO.




Ola a todas e todos!

Algúns xa o coñecedes e a outros xa vos falamos dun concurso de caligramas, o V, que convoca todos os anos o IES Castro da Uz. Achegámosvos as bases para participardes. FIXÁDEVOS QUE PREMIOS!

O próximo día comentámolo na aula.


O grupo de biblioteca do IES Castro da Uz –As Pontes-, convoca o Vº Concurso de Caligramas coas seguintes bases:
1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema ou tema.
2.- Poderá participar calquera estudante, de primaria, secundaria, bacharelato ou ciclos formativos.
3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras non irán asinadas e o tema será: “O FINAL máis impactante das miñas lecturas.
4.- Os caligramas presentaranse en CARTOLINA tamaño DINA4 e poderán ser manuscritos ou a ordenador.
5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 8 de abril de 2011. As obras presentaranse no IES Castro da uz –en horario lectivo- ou enviaranse ao enderezo: IES Castro da uz, R/ José María Penabad López s/n. (cp 15320), As Pontes, A Coruña, indicando no sobre “5º Concurso de Caligramas”. ( De ser varios alumnos e alumnas os/as que participen dun mesmo centro, os caligramas poderán enviarse nun único sobre que conteña as obras e os datos identificativos de todos/-as os/ as participantes).


6.- O caligrama non irá asinado; identificarase cun pseudónimo na parte traseira deste. Meterase nun sobre xunto a un folio que conteña a seguinte información: pseudónimo e nome e apelidos do autor ou autora do caligrama, enderezo persoal ou do centro de ensino, teléfono de contacto, correo electrónico e D.N.I. -se tivese-, así como o centro no que estuda e o curso. Tamén se incluirá o texto que se utilizou para deseñar o caligrama.. De non conter esta identificación os caligramas quedarán excluídos do concurso.
7- O xurado fará unha preselección dos caligramas presentados a concurso.
8.- PREMIOS:
Primeiro Premio - Secundaria, BAC e ciclos formativos: Un fin de semana para tres persoas nunha casa de turismo rural ou balneario ( a canxear en Halcón Viajes, R/ Antón Fraguas, 3-27001- Lugo).

Primeiro Premio – Primaria- : MP5 de 8GB e pantalla de 4 pulgadas.




(De non presentarse concursantes nalgunha das modalidades, o seu premio pasará a considerarse un2º premio para as modalidades participantes).
Elaborarase un libro con todos os caligramas preseleccionados e entregarase un exemplar aos centros nos que estean matriculados os/as gañadores/as.
As obras pasarán a ser propiedade da biblioteca do IES Castro da uz. e cos caligramas presentados realizarase unha escolma para seren colocados na biblioteca do Centro.
9.- O Xurado estará constituído por membros da comunidade educativa do IES Castro da uz e a súa decisión será inapelable. O fallo realizarase na última semana de abril de 2011.O resultado será notificado aos/ás gañadores/as e aos centros nos que se encontran matriculados vía e-mail e telefónica.
10.- O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.
SORTE A TODOS E A TODAS!!!
Grupo de Biblioteca do IES CASTRO DA UZ, 1 de febreiro de 2011.

jueves, 17 de febrero de 2011