Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nen@s 2004. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nen@s 2004. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de noviembre de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da 4º e 3º de ESO prepararon unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.

A través do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, lles narraron a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se embarcan nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor. 

As rapazas e rapaces da ESO  explicaron  aos máis pequenos/as o porqué da celebración desta data tan importante e amosaronlles a importancia  de respectar en todo o mundo os  Dereitos dos Nenos e as Nenas. Tamén reflexionaron entre todos sobre os distintos dereitos, incidindo tamén en que non só teñen dereitos senón que tamén teñen deberes que cumprir para vivir nunha sociedade xusta, plural, solidaria e igualitaria.

Finalizaron  cun simpático xogo de pasapalabra rematando a sesión cun pequeno agasallo realizado polo alumnado da ESO para todos os asistentes.







Na Procura Dun Mundo Maravi... by yolick20003194

sábado, 22 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación para o desenvolvemento. 
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.

E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns  por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial  a Ana Martínez  (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.


Esta actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.









 






                  
                        Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López