A través das súas verbas ateigadas
de historia, sorpresas e xiros inesperados, Manuel fíxonos reflexionar sobre a
situación da lingua galega, sobre o que nos condiciona como falantes e sobre a
oportunidade e riqueza que supón o noso patrimonio lingüístico e cultural.
Partindo de distintas
reflexións e enfoques sobre prexuízos sociais e culturais, Singala comezou a
achegarse á nosa lingua presentando
datos sobre a súa presenza en Internet (buscadores, redes sociais…), no mundo
da tradución e na vitalidade do galego
no contexto plurilingüe mundial, onde ocupa o posto 136 entre as 5000 linguas
que se falan no mundo.
Presentou diversos
experimentos sociolóxicos para demostrar como a sociedade está chea de
prexuízos que cómpre desbotar, entre eles os lingüísticos. Tomándoos como
referencia animounos a valorar a nosa lingua propia, a utilizala e a mantela
viva porque, alén de ser a cerna da nosa cultura, serve para abrirnos máis
portas, comunicarnos con millóns de persoas no mundo e mellorar a nosa
capacidade de aprender novas linguas.
Así que…xa sabemos A FALALA :)




No hay comentarios:
Publicar un comentario