domingo, 26 de febrero de 2017

DÍA DE ENTROIDO NO CPIA AS MIRANDAS

Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que viviu o noso cole na celebración do Entroido 2017, neste fantástico venres no que o sol e o bo tempo, nos acompañou.  Tomando como eixo  o proxecto “De Ares cara ao mundo” os nenos e nenas desfilaron con traxes que nos recordaron a Australia, Portugal, China, Inglaterra, Marrocos, Brasil, Italia, Ucraina….
A verdade é que hai que dar as grazas a todo o profesorado e, por suposto ao alumnado, por todo o traballo e implicación nesta xornada. Non soamente se apreciaba toda unha labor de semanas na elaboración dos disfraces , senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnos/as dos diferentes cursos da ESO levaron a termo .

A xornada rematou coa degustación dos doces típicos do entroido:orellas, freixos, rosquillas.... Unha xornada estupenda. En hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo  desta data.

martes, 21 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro realizando un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.

 Aquí vos deixamos o noso traballo.  FELIZ DÍA DE ROSALÍA! 

viernes, 17 de febrero de 2017

O RASTRO QUE DEIXAMOS: O NOSO COLE NA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Hoxe os rapaces e rapazas de 2º ESO asistiron no Auditorio de Ferrol ao acto no que os colexios da nosa bisbarra homenaxearon a figura de Agustín Fernández Paz. No noso cole contamos coa presenza do aresán Antonio Seijas que tivo o pracer de traballar co autor, posto que Antonio, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome. Tamén os nosos alumnos/as fixeron unha pequeña escolma dalgunhas das obras de Fernández Paz.

 Aquí vos deixamosos vídeos .



miércoles, 1 de febrero de 2017

OBRADOIRO CARTAS DE AMOR

Onte tivo lugar un obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por Isabel Serrato Azat. O obradoiro tivo como finalidade abordar temáticas dende un punto de vista educativo e previr así actitudes machistas, e situacións de violencia na adolescencia. Entre os contidos a tratar estiveron presentes: as diferencias de xénero, a idea do amor romántico, as relacións de parella, a linguaxe, etc… Este obradoiro que ten as  ilustracións da exposición “Cartas de Amor”como eixe, desenvolveu a través de diferentes dinámicas participativas, os temas  citados anteriormente.

O alumnado de 1º ESO realizou tamén unha visita guiada a exposición que se encontra exposta na Casa da Xuventude do noso concello.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ