lunes, 27 de abril de 2015

PREGUNTÓN SEMANA 2

Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón. Ánimo que o estades facendo moi ben!!!.


Premede na foto para ver as preguntas en grande


PREGUNTÓN: RESPOSTAS SEMANA 1

Premede na imaxe para verla en grande.
 

lunes, 20 de abril de 2015

PREGUNTÓN: SEMANA 1

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos aquí de novo co noso concurso . Xa sabedes que cada martes colgaremos catro cuestións que poden ser preguntas, unha adiviña, un xogo...para resolver e entregar o luns seguinte aos profes responsables do Preguntón. Aqui vos deixamos as primeiras correspondentes a este martes 21 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas....                             Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!! 

Premede na imaxe para vela en grande

miércoles, 15 de abril de 2015

MATERIAIS DIDÁCTICOS FILGUEIRA VALVERDE

Xa tedes á vosa disposición diferente material sobre Xosé Fernando Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2015 , para as etapas de infantil e primaria.
Este material consta de:
1.- Actividades en PDF para infantil e primaria.
2.- Actividades interactivas en formato Edilim para infantil e primaria.
3.- Audiobiografía de Xosé Filgueira.
4.- Exposición con vinte carteis en formato A3 e cuestionario para o alumnado de primaria.
5.- Díptico sobre Xosé Filgueira.
6.- Marcapáxinas

Todo este material está disponible nas seguintes páxinas:


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269.php
http://seminariogalan.org
http://filgueiravalverde.gal/fundacion




sábado, 11 de abril de 2015

PREMIO PARA O NOSO COLE AO CLIPMETRAXE MÁIS VOTADO

Onte venres, tivo lugar no salón de actos do centro Fonseca de A Coruña, a entrega de premios de carácter autonómico da VI Edición do Festival de Clipmetraxes “O teu punto de vista pode cambiar o mundo”. O xurado composto polo  historiador da arte e profesor José Eulogio Rouco Lamela, polo actor Paulo Gouveia Gaboco e pola profesora María del Mar  García Fernández, presidíu o acto no que recibimos o Premio ao  Clipmetraxe máis votado.

Recolleron o galardón en representación de toda a clase de 4º de ESO, Noe, Cris, Raquel e Elisabeth. En hora boa a todos os alumnos/as que fixestes este estupendo traballo, a Luisa a profe de lingua de signos do noso cole por participar signando a nosa clipmetraxe, e as nais e profes que nos acompañaron á Coruña. Grazas polo voso traballo e esforzo.













Aquí tedes a nosa clipmetraxe:

martes, 7 de abril de 2015

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que xa estades desexando comezar pero antes de nada, tedes que facer a vosa inscrición. Así que durante esta semana e ata o luns 13 de abril poderedes cubrir a ficha cos vosos datos.  Recordade que debedes formar un equipo de dous compañeiros/as, dun mesmo curso ou mixtos.
O concurso comezará o martes 21 de abril  e rematará o 12 de maio e as preguntas estarán expostas nos blogues Tesmoitalingua do EDLG e  Carabeladeares da Biblioteca, así como nun panel no corredor de secundaria e na biblioteca.

Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta atrás......



jueves, 2 de abril de 2015

BOAS PASCUAS

Dende o 3º ciclo, tódolos nenos ,nenas e mestres queremos desexarvos a todos unhas BOAS PASCUAS. Amosámosvos os nosos traballos para estas datas,feitos con moito agarimo nas clases de plástica con Fifí. ¡¡Agora hai que enchelos cos doces !!