jueves, 23 de diciembre de 2010

BO NADAL!!

                     

martes, 14 de diciembre de 2010

Recursos para traballar o nadal nas aulas

A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar:

1.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
2.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.

jueves, 9 de diciembre de 2010

CONCURSO DE PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS DE NADAL

Coa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das novas tecnoloxías, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas de Nadal.
Este certame, ademais de contribuír a crear un corpo de presentacións de Nadal en galego para difundir na Rede entre o público xeral, pode resultar unha actividade interesante para os rapaces e rapazas, para que elaboren presentacións libremente ou coa guía dun profesor.

A data límite de envío das presentacións é o 20 de decembro de 2010.

martes, 30 de noviembre de 2010

lunes, 22 de noviembre de 2010

1º PREMIO NO III CONCURSO DE ROBÓTICA DE GALICIA

Parabéns aos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO que este ano acadaron o 1º Premio no concurso organizado por IGACIENCIA na localidade lucense de Burela. Unha nova fantástica logo dunha xornada estupenda, na cal visitamos o barco boniteiro museo Reina del Carmen, onde aprendimos un pouco mais sobre o traballo dos mariñeiros, xantamos no mesón A Pedra, no que fomos maravillosamente atendidos polos donos, e os alumnos de 4º visitaron a planta de produción de Sargadelos.

Disfrutade do premio e esperemos ter a oportunidade de asistir o ano que ven!



Aquí vemos a Laura e Beatriz recollendo o premio en Burela, localidade á que se trasladaron para o acto.


                                

  Visita en Burela ó barco  boniteiro museo Reina del Carmen
                               

martes, 16 de noviembre de 2010

ELABORACIÓN DE MARCADORES

Con motivo da inauguración da biblioteca, propuxemos a elaboración de marcadores co número de carné de cada neno.

Este, é un exemplo das obras de arte que fixeron os nenos do noso cole.





CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO NOSO COLE

O día 5 de novembro celebramos o MAGOSTO no colexio, fixemos adornos e os nen@s de infantil elaboraron cestos para botar as castañas.
Todo o alumnado do centro dou boa conta das castañas asadas, que por certo estaban ben ricas.
 A continuación tedes unha reportaxe da celebración.


                                    



                                           

SAMAÍN NO NOSO COLE

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores, tantas veces para render contas inacabadas.

Para saber máis  sobre o Samaín pica no seguinte enlace:  Vieiros da Escola

Os alumnos e alumnas do noso cole, celebramos o Samaín, tumba por aquíii, tumba por alá, tumba, tumba, uaha,ha,ha,ha,!!!!.
Os rapaces de infantil e primaria trouxderon cabazas que logo decoraron e fixeron unha exposición das mesmas. Tamén elaboraron paneis e murais. Todo elo o podedes ver na seguinte reportaxe fotográfica.

                                  

OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO DE PRIMARIA ELABORARON MARMELO CON FROITOS DA TEMPORADA DE OUTONO

                                    

martes, 19 de octubre de 2010

"REVOLTALLO DE TERMOS. A TECNOLOXÍA EN GALEGO.

Xa está en marcha a “Xornada pola Ciencia en Galego” do 4 de novembro, unha xornada dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega, para defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas e tecnolóxicas pensadas e desenvolvidas en galego.

En coordinación coa CENDL e apetega, tecnoloxia.org súmase coa actividade “Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego“, iniciativa que pretende dar a coñecer e difundir vocabulario técnico existente na nosa lingua, perfectamente válido para expresar e difundir tecnoloxía.


Primeira fase: A colleita
A través dun formulario web aloxado en tecnoloxia.org, comezaremos recollendo aquela terminoloxía propia do galego utilizada no campo da tecnoloxía. Calquera persoa pode participar. Comproba antes de engadir algún termo que non estea xa incluído na listaxe.

1. Termo:

Dá a coñecer unha palabra en galego utilizada en calquera especialidade tecnolóxica. Cómpre que sexa propia do galego, que sexa diferente do castelán ou do inglés.
                                                   Exemplo: Engrenaxe

2. Especialidade:

A que campo da tecnoloxía pertence? Introduce alí a especialidade tecnolóxica onde ten máis uso: informática, mecánica, electrónica, robótica..., tentaremos poñer algo de orde a este revoltallo de termos.
                                                                                      Exemplo: Mecánica

3. Descrición:

Pódese incluír a definición estrita de dicionario, pero se non é de doada comprensión para o público xeral non especialista convén introducir unha descrición que facilite a súa comprensión.

Exemplo: Denomínase engrenaxe ou rodas dentadas ao mecanismo utilizado para transmitir o movemento dun compoñente a outro dentro dunha máquina. Ao moverse unha engrenaxe, os seus dentes empurran aos dentes doutra roda engrenada, provocando o seu movemento en sentido contrario.

4. Imaxe:

Unha imaxe vale máis ca mil palabras, de feito en tecnoloxía precisamos do debuxo técnico para expresármonos con claridade. Engade unha fotografía, debuxo ou animación que dea soporte á explicación do termo. A imaxe irá reducida a 150 píxeles de alto, así que envía imaxes que non sexan moi grandes. A imaxe debe estar en formato JPG, GIF ou PNG.

5. Ligazón:

Podes incluír unha ligazón que nos permita ampliar a información. Debe ser en galego. Unha boa opción é dirixir á galipedia, enciclopedia libre en galego. Se o termo está incluído nela, estupendo, e se non o está, pode ser unha boa tarefa para traballar co alumnado en clase.

                          Exemplo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Engrenaxe

Segunda fase: Actividades

Unha vez teñamos recompilado suficiente léxico será hora de traballar con el na xornada do 4 de novembro. Vai á sección de propostas de actividades. Alí atoparás algunhas ideas de traballo e tamén podes enviarnos as túas.

jueves, 7 de octubre de 2010

Desmontando os prexuízos contra o galego

Presentación sobre os prexuízos lingüísticos realizada por tres alumnas de 3º de ESO do CPI don Aurelio de Cuntis para combater os prexuízos lingüísticos. Foi un dos traballos gañadores no concurso que sobre este tema organizou a Coordinadora ENDL de Terras do Umia. Parabéns polo resultado!

jueves, 30 de septiembre de 2010

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

Organizado polo ANPA do noso centro, o pasado venres 24 os alumnos e alumnas da ESO gozaron dun momento de entretemento co espectáculo cómico do clown “Peter Punk” (Isaac Rodríguez Miranda). Neste espectáculo o noso malabarista transformouse en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xogou en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que foi sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade mesturouse coa habilidade na procura da gargallada dos alumn@s. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anuncia ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante a actuación, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosounos a súa destreza con bólas, mazas, aros, globoflexia. E todo isto sen esquecer o humor... O artista fixo partícipe aos rapaces e rapazas convidando a varios estudantes a colaborar no seu espectáculo, o que provocou máis dunha gargallada entre os seus compañeiros.

Un espectáculo cheo de alicientes que nos fixo pasar un bo momento.




                         

1,2,3...COMEZAMOS



lunes, 12 de julio de 2010

Actividades Fin de Curso

Amosamos as actividades realizadas o último día do curso. Foi unha xornada estupenda na que poidemos disfrutar e despedirnos con moita ledicia.
A verdade que foi un bo fin de curso. Grazas a todo o noso alumnado que participaron con tanto ánimo e aos profesores que sempre podemos contar con eles.


Un agradecemento especial a Pilar e a Loli que foron unhas grandes impulsoras da creación deste ambiente tan agradable. Esperamos que para o próximo curso nos fagan unha visitiña.

Felices vacacións a tod@s e ata dentro dun par de meses.

XOGOS

martes, 6 de julio de 2010

                                   


CAMIÑATA A CHANTEIRO

Nun día propio do mellor agosto, aínda que estabamos en xuño, o alumnado da ESO realizou unha camiñata a Chanteiro seguindo un dos roteiros da costa.  Ainda que cansos polo día tan caluroso, a marcha foi levadeira e poidemos chegar a praia de Chanteiro sin ter que chamar a protección civil para que levara a algunha profe que xa pedía "papas". Magoa non poder estar mais tempo disfrutando da praia e dos xogos pero  a camiñata valeu a pena.

Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica do evento.


                        


martes, 8 de junio de 2010

ÓPERA E GRAFFITIS

O dia 31 de maio os departamentos de Música e Educación Plástica organizamos unha saída á Coruña cos alumnos de 3º da ESO.
Durante a mañá fomos ao teatro Colón para ver e escoitar "A pequena frauta máxica", unha adaptación da ópera A frauta máxica de Mozart. A obra é unha producción do Liceo de Barcelona coa posta en escea e o vestiario de Els Comediants, o que é unha garantía de calidade.
Despois de comer no monte de Santa Margarita, voltamos ó Cantón para asistir á exposición "Postgraffiti: Xeometría e Abstracción" na fundación Caixa Galicia organizada polo Museo Urbano de Arte Urbano de A Coruña, MUAU ( clicade aquí http://www.muau.org/expo.php) . Alí despois da visita guiada, fixemos un obradoiro moi ben aproveitado.

Nas fotos podedes ver un resumo do noso día na Coruña. Fixádevos nos nosos graffiteiros!!!!!

Chegamos pola tarde, cansos pero satisfeitos.

No teatro Colón

Os nosos graffiterios en plena acción


O grupo coas profes Marisa e Teresa


                                       

martes, 1 de junio de 2010

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA

O pasado día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO, organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora Marisa Areal.

O Xurado estaba composto por :
Ana Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares
Álvaro Franco, representante das familias do noso alumnado
Mayolla Dragó, Vicepresidenta do ANPA
Adrián Pérez, antigo alumno do centro
Mariam Belrhlid, antiga alumna do centro
Marisa Areal, profesora de Educación Plástica e Visual
Blanca Cortizas, profesora de Tecnoloxía.
Despois da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .
Polo tanto, realízase unha 2ª votación e resulta gañadora a fotografía titulada “Estacas
que corresponde a alumna de 4º ESO, Anais Prieto, a quen desde aquí queremos dar a noraboa.

     











Os outros 2 finalistas corresponden as fotografías :
Ceo rosa”, de Aldara Vilar, alumna de 4º ESO
e “Xunqueira” de Javier Cendán, alumno de 3º ESO.













De todos os xeitos queremos felicitar a tod@s @s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis participación. Ánimo!!.

O vindeiro día 21 de Xuño ás 19:00 h, na Biblioteca do Concello de Ares abrirase a Exposición Itinerante de todas as fotografías participantes, e terá lugar a Entrega de Premios . Estades todos invitados.

                                         

sábado, 29 de mayo de 2010

ENTREGA DOS PREMIOS DO “PREGUNTÓN” E MARCAPÁXINAS .

Entregados os premios aos gañadores e finalistas do " Preguntón" e do Concurso de Marcapáxinas realizado co gallo do Día do Libro. Noraboa a todos/as. A continuación tedes a reportaxe do acto.

Os diplomas
Os agasallos

Yolanda, Luisa e Xoán entregaron os premios

Martin, uns dos gañadores do Concurso de Marcapáxinas

Cristina e Laura, gañadoras do "Preguntón"

Miguel e María, primeiros finalistas do "Preguntón"


Martín e Julián, segundos finalistas do "Preguntón"

                                       








sábado, 15 de mayo de 2010

17 MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS

Uxío Novoneyra: “O poeta do Courel”. (1930-1999)

Neste ano 2010, adicase a Uxío Novoneyra aquel poeta excepcional, o da poesía íntima e paisaxística, pero tamén combativa: Os Eidos, Muller ao lonxe, Elexías do Caurel e outros poemas, Viet Nam canto, Letanía de Galicia, Poemas caligráficos, Os Eidos 2, Do Courel a Compostela, entre outros, demostraron dabondo a súa valía poética. 

Novoneyra desenvolveu un importante labor como recitador, tarefa na que foi un consumado mestre. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e está considerado un clásico por lectores e crítica, chegando ao cumio da poesía galega de todos os tempos.

“Eu era fillo dunha terra e dun pobo que a moldeaba de acordo á súa paisaxe, coa súa estética, e tamén era fillo de todos os pobos do mundo”, dicía Eugenio Novo Neira cando aínda non era coñecido como Uxío Novoneyra. Uxío, que foi como lle chamou Anxel Fole, e Novoneyra, pola costume da xente a xuntar os dous apelidos, cousa que a el nunca lle disgustou.

“Courel dos tesos cumes que ollan ao lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…”, dicía sobre da Serra do Courel que tanto coñecía, no ano 1952, tres anos antes de editar “Os eidos, libro do Courel”

Agardando e desexando que o Día das Letras Galegas sexan todos os días, para todas e para todos, unha forte e agarimosa aperta poética e de irmandade.
Máis información : Accede á biografía completa dun dos máis destacados poetas do Século XX, a través das seguintes Webs:

Déixovos un vídeo co poema Viet Nam canto coa voz de Uxio Novoneira




O noso centro conmemorou esta data tan especial realizando varias actividades durante a semana do 10 ao 14 de Maio:
1.-Colocacion e visita á exposición sobre Uxío Novoneyra, nos corredores do edificio de Secundaria. Os cartaces desta exposición son os traballos que resultaron gañadores no concurso-exposición das letras galegas, promovido pola SXPL.

2.- Traballos e realización de muráis sobre a figura de Uxío Novoneyra.


Mural feito polos alumnos de primaria

                                             

viernes, 14 de mayo de 2010

jueves, 13 de mayo de 2010