Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de marzo de 2021

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO " UN DEBUXO PARA ROSALÍA "

Mil grazas aos 70 alumnxs participantes e a Víctor Rodríguez (profesor de Ed. Artística do centro) por aceptar a difícil tarefa de decidir os debuxos gañadores.

GAÑADORES:

Educación infantil : Lucas Martínez Rouco

Educación Primaria : Valentina Costas Cortés

Educación Secundaria : Ángel Fernández Hermida

 




viernes, 12 de junio de 2020

4RR454ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45 (ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos. 

O noso alumnado de 3º estivo preparándose con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco problemas cós que a organización os retou.  Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar, así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas, e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola acollida no Fragas Do Eume.  
Este ano a publicación dos gañadores retrasouse pola situación provocada pola pandemia pero por fin xa o sabemos... e o noso equipo de 3º Académicas proclamouse gañador desta edición. Noraboa a todas as rapazas e rapaces polo ben que o fixeron!!!!!  Non poderán desfrutar do premio de pasar unha fin de semana nunha cidade do norte de Portugal pola situación que estamos a atravesar pero deben estar moi orgullosos por todo o que fixeron, e saber que a vida porá nos seus camiños moitas oportunidades de xogar coas Matemáticas. Esperamos xa con moitas ganas a VI Edición de Matemáticas Na Raia.

jueves, 21 de junio de 2018

REMATAMOS O CURSO. FELICES VACACIÓNS!!!!!

Nun acto conxunto o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón, Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu, Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca, diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar. 

                                                 FELICES VACACIÓNS!!!






domingo, 17 de junio de 2018

GAÑADORES do Concurso de Cancións en LSE “Cantamos coas máns”


Parabéns!!!!, o noso cole foi, por segundo ano consecutivo, gañador do Concurso de Cancións en LSE “Cantamos coas máns” que convoca a FAXPG, co vídeo realizado polos alumn@s do cole e dirixido pola nosa intérprete de língua de signos Luísa Lombardero. 
En hora boa aos rapaces e a Luísa por todo o traballo e por tan merecido premio. Ata a mesmísima SES compartíu no seu Facebook o impresionada que quedou ante tanta fermosura. Como dixo alguén nun dos numerosos comentarios que colgaron nas redes:
Queda un sen palabras ante tanta fermosura.Parabéns a tan loábel iniciativa, amosades a esencia máis nobre da condición humana.Xa é hora de igualar os dereitos lingúísticos das persoas xordas, e con este tipo de INICIATIVAS axudades a visualizar a problemática de moita xente.Fantástico, xenial...Tempestades de sal adquire unha nova dimensión, xa de por si é enormemente bela, mais dende hoxe agranda o seu horizonte.
Sodes Xeniais!!!!





jueves, 30 de marzo de 2017

A alumna Verónica Rodríguez Martínez Gañadora do 1º Concurso de Relato Curto "Música, Lingua e Valores"

No 1º Concurso de Relato Curto "Música, lingua e Valores" que organiza a  Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia,  foi premiada á nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado decidiu por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda Sinfónica; sendo estreado este verán pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.                            
                                                                  
                                                      PARABENS, VERÓNICA!!!!

O premio é especial e innovador: A organización encargará a un recoñecido compositor galego a musicalización do relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira 2007, no mes de agosto. Ó/Á gañador/a convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para que poida ser interpretada por todas as bandas de Galicia.

martes, 29 de septiembre de 2015

PREMIO LITERARIO NORTEAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direçao Regional de Cultura do Norte (Portugal) xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan o Premio Literario Nortear. O seu obxectivo fundamental é fomentar a creatividade literaria entre a mocidade escritora que reside na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poden participar todas aquelas persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Podedes consultar as bases da convocatoria:





viernes, 17 de mayo de 2013

GAÑADORAS CONCURSOS DE RELATO CURTO

Desde aquí queremos dar a en hora boa as alumnas Ana Martínez de 1º da ESO e Raquel Rivera de 2º da ESO por gañar sendos concursos de relato curto.

 Ana co relato titulado "A pedra de luar", quedou gañadora do "I CONCURSO DE RELATO CURTO" que o  Concello de Ares organizou co gallo do Día das Letras Galegas.



Raquel quedou gañadora provincial do "Concurso COCA-COLA de novos talentos Premio Relato Curto". 



Parabens as dúas polo traballo ben feito!!!

martes, 16 de abril de 2013

GAÑADORES DA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DA ONCE


Por segundo ano consecutivo un grupo de alumn@s do noso cole quedan gañadores provinciais do Concurso Escolar Once. Este ano baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro"os nosos alumn@s imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á dispacidade e á igualdade de oportunidades. O equipo gañador foi "As cambiaconciencias", formado por Judith Rouco, Laura Pita e Sara Martínez, alumnas de 3º da ESO. Tamén participaron no concurso o grupo "Aresáns solidarios" formado por Felipe Crespo, Antonio Lemos, Ainhoa Somorrostro e Lucía Buyo, que aínda que non gañaron, fixeron un estupendo traballo. En hora boa a todos e cada un deles.
Aqui vos deixamos o vídeo gañador.

                            

sábado, 23 de junio de 2012

CAMPIONAS GALEGAS DE XIMNASIA RÍTMICA

A Comunidade Educativa do CPI Conde de Fenosa quere dar  os PARABÉNS as nosas alumnas : Marta Cepero Mosquera, Icíar Bermúdez Fornos, Andrea Riveiro Romero e Carla López Rodríguez de 4º E.P. polo grande éxito acadado no Campionato Galego de Ximansia Rítmica na categoría Alevín celebrado en Ourense .


PREMIOS CANGURO MATEMÁTICO

Os gañadores da edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" foron:
  • Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)

  • Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)
O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistíu na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.
Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que foron obsequiados cun lote de libros cada un.

 Noraboa aos gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.


Bran e Julián xunto á profe de matemáticas María

PREMIO "CONCURSO DE ELABORACIÓN DO XORNAL DE GALICIA"

Os alumnnos/as de 3º ESO A: Laura Ordóñez García, Roberto Rivas Couce e Miguel Rodríguez Castro gañaron o concurso da Fundación Barrié que consistíu en reproducir e crear unha serie de artigos periodísticos de "O Xornal Galicia". Como tod@s sabedes xa,  Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, foi director do mesmo desde ano 1922 ata o 1926.
Roberto Rivas Couce foi premiado por unha crónica periodística e Laura Ordóñez García e Miguel Rodríguez Castro por unha editorial do xornal. 
De parte da Comunidade Educativa, os nosos parabéns a todos eles.

 Os nos@s premiados xunto con Xoan, o seu profesor de galego.

jueves, 7 de junio de 2012

Gañadores do “II Concurso Emprendeares” convocado polo Concello

        Os estudantes da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da E.S.O. recibiron o 1º premio do II Concurso EmprendeAres 2012, co traballo “Divergarden Soc. Coop. Galega”. O concurso, que promove o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no ámbito da empresa, xurdiu coa finalidade de estimular o coñecemento de novas posibilidades laborais entre a mocidade.En hora boa a todos e todas polo premio e polo voso traballo.


martes, 27 de marzo de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO PREGUNTÓN

Hoxe entregamos os premios da III Edición do Preguntón. Este ano, por primeira vez, a participación extendeuse ao alumnado de 6º de Primaria e, a verdade, é que o fixeron moi ben.
Desde o EDL e a Biblioteca queremos dar a en hora boa a todas e todos os  participantes pola vosa implicación, polo voso interese e pola vosa curiosidade de “preguntóns”.

SECUNDARIA
Gañadores: Martín Pérez Sarmiento e Carlos Piñeiro Sarmiento
                    Aida Formoso Sánchez e Raquel Ibón Fernández
Finalistas: Iago López Ramil e Cristina Fernández Carballeira
PRIMARIA
Gañadores:  Clara López Leira e Clara Fernández Sordo
Finalistas:  Raquel Santamariña Taboada, Sara Regueiro Martínez e María Fernández Martínez.

Martín e Carlos gañadores do Preguntón con Blanca, Luisa e Marina.

Aida gañadora en secundaria con Luisa e Yolanda

Iago e Cristina finalistas en secundaria
 Raquel, Sara e María finalistas de primaria

 Clara López e Clara Fernández gañadoras do preguntón
en primaria, xunto con Blanca a nosa directora, Conchi e Marina.

 Tod@s os concursantes da III Edición do Preguntón


                              

GAÑADORES NO XX RALLYE MATEMÁTICO

Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.
Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal.
A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos. O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas.
Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, a gran final, na que competirán contra estudantes doutros países. Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situación orixinais. 
En horaboa a tod@s e a súa profesora María Segura Torres.