miércoles, 28 de diciembre de 2022

ESTAMOS DE PARABÉNS!!!. O CPI AS MIRANDAS GAÑA A PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA " LAZOS CORUÑESES CON AMÉRICA”

 Comezamos ben o ano!!!. O traballo "Ares e Cuba, unha historia compartida" obtén o I premio Lazos Coruñeses con America Latina, convocado pola institución provincial e dotado con 3000 euros.

Desde aquí queromos dar as grazas a Alma, (concelleira de cultura e alma mater do Ares Indiano), por facernos sabedores deste concurso e motivarnos a participar nel. Grazas tamén  aos departamentos de Historia (Rocío Pena), Lingua Galega (Carme López), Equipo de Dinamización Lingüística (Yolanda Castro) e aos alumnos e alumnas que por vontade propia decidiron asumir o reto de traballar neste proxecto (Fabio Polo, Gonzalo Martinez Couce,  Hugo Martinez Cortizas, Geovanna Carvalho de Medeiros, Luis Alejandro Crespo, David VilaVillares e  Ivan Pena Dovale) . Parabéns a todas e todos. Un orgullo contribuir a manter na memoria colectiva unha parte da nosa historia, desa historia da emigración que tanto significou para Ares e toda Galicia.

 

 PREMER NA IMAXE

 


 

viernes, 23 de diciembre de 2022

CONCERTO DE NADAL NO CPI AS MIRANDAS

 Hoxe os rapaces e rapazas do cole alegráronnos o comezo das vacacións cun mini concerto case que improvisado. Rapazada que comezou a súa andadura na banda de música Xábrega e da que moitos deles forman parte. Grazas a Antonio, Aritz, Javier, Ánxela, Andrea, Noa, Antón e Daniela por preparar este mini concerto. Xa vedes hai canteira!!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

      BO NADAL E FELIZ ANINOVO 


Concerto Nadal 2022 by Yolanda Castro López

jueves, 22 de diciembre de 2022

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI AS MIRANDAS DESÉXAVOS UN BO NADAL E FELIZ ANINOVO

 A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas deséxavos unhas Felices Festas e un  Bo Nadal.  Cos nosos mellores desexos de saúde, traballo, paz e fraternidade.

E aínda que non nos tocou a lotería…como podes ver no vídeo de nadal...

 “A mellor das loterías e compartir e facer comunidade”.

 FELIZ ANINOVO 2023

martes, 20 de diciembre de 2022

FELICITACIÓNS PARA O CENTRO DE DÍA DE ARES

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO enviaron, por correo postal,  ás persoas maiores usuarias do  Centro de Día de Ares as felicitacións de Nadal que fixeron para elas cos seus mellores desexos. Esperamos que lles cheguen axiña e desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.

BO NADAL  E FELIZ ANINOVO!

 
 
 
 
 
 
 


OPERACIÓN QUILO DE NADAL. CPI AS MIRANDAS

 Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal. 

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

 
 

 

 

 

viernes, 2 de diciembre de 2022

EXPLORAMOS A FAUNA E A FLORA DA 1º VOLTA O MUNDO

 Seguimos investigando, aprendendo, creando e xogando co noso proxecto sobre a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. Cantas cousas descubriron e nós con eles tamén.

Mirade o capitulo 6 e veredes todo o que fixemos!!!

miércoles, 30 de noviembre de 2022

ENTREGA DOS PREMIOS DA VI EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Esta tarde no salón de actos da Alianza Aresana,  e coa presenza das concelleiras Alma Barrón e Olimpia Marcos así como do fotógrafo Marcos Alonso e Yolanda Castro en representación do noso colexio, foron entregados os premios da VI edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

O xurado tivo a difícil tarefa de elixir entre as case 80 fotografías presentadas, as que ilustrarán o  calendario do Concello para este próximo ano 2023, calendario que se presentou no acto.

Parabéns a Lis, Yaiza, Alejandra, Ariadna, Aila e Héctor autores/as das fotos gañadoras e ao resto das  e dos participantes!










jueves, 24 de noviembre de 2022

# 25N . DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, rapazas e rapaces de 3º ESO do noso cole realizaron este vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.

 Desde o noso centro adherímonos a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e na convivencia que todas e todos queremos.

 Durante a xornada proxectarase nas clases o vídeo feito polo alumnado e realizarase un minuto de silencio. 

 


lunes, 21 de noviembre de 2022

20 Novembro. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS. CPI AS MIRANDAS

O 20 de novembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos dos Nenxs. Desde o CPI As Mirandas queremos chamar a atención sobre os millóns de nenos e nenas que seguen sen ter acceso aos dereitos máis básicos como a educación, a sanidade, un fogar...e que teñen que abandonar os seus soños. E facemos tamén un chamamento aos gobernos para que cumpran os seus compromisos de realizar plenamente os dereitos da infancia. Hai que traballar para que todxs, independentemente do lugar ou as condicións nas que nazan, teñan un futuro mellor!

Con este vídeo reivindicamos os dereitos para todos os nenos e nenas do mundo!


domingo, 20 de noviembre de 2022

RECIBIMOS A CARTA DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CÁDIZ

Despois de varios días de espera por fin nos chegou a carta das compañeiras/os do cole de Cádiz. Puxémonos moi contentos/as cando a recibimos e estabamos moi ansiosos/as por abrila. 

 Pero mellor que vexades o vídeo!.Premede na seguinte imaxe para velo

sábado, 12 de noviembre de 2022

FESTA DO MAGOSTO NO CPI AS MIRANDAS

Onte celebramos o Magosto e o día do peón. Pasamos unha fermosa xornada acompañada de degustación de castañas asadas que saborearon os nenos e nenas xunto coas súas familias, logo de que todos e todas demostraran as súas habilidades bailando os peóns.

 Que ben o pasamos!😊👏


jueves, 3 de noviembre de 2022

SAMAÍN 2022

  CHEGOU O TEMPO DO SAMAÍN, E TAMÉN DAS CABAZAS. GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E DAS NENAS E NENOS, DECORAMOS O NOSO COLE E QUEDOU XENIAL!!!


miércoles, 2 de noviembre de 2022

XA CHEGOU A CARTA A CÁDIZ

 As nenas e nenos de 1º e 2º de primaria seguimos co noso proxecto na procura do misterio das especias atopadas no cofre mergullado na ría de Ares. Como sabedes, enviamos unha carta aos compañeiros e compañeiras do cole de Cádiz e xa a recibiron. Agora esperamos impacientes a súa resposta...

Mentres tanto nós, non paramos de facer cousas e recibimos no noso cole a visita dun experimentado mariño que nos ensinou moitas curiosidades dos barcos.

Ao mesmo tempo seguimos experimentando, descubrindo, creando e xogando nos nosos ambientes de aprendizaxe. Pasámolo xenial!!


sábado, 29 de octubre de 2022

FOTOGRAFIANDO A NOSA CONTORNA

Esta semana o alumnado da ESO realizou unha saída pola nosa vila para plasmar coas súas cámaras e dispositivos móbiles algúns espazos da nosa contorna. Desde aquí queremos invitar a toda a rapazada a que siga tomando e aportando fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás, Chanteiro.... Temos moito que amosar  en todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.

Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías ao VI Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 4 de novembro ás 20:00 horas

Aquí deixamos un pequeno vídeo do noso percorrido fotográfico.


sábado, 22 de octubre de 2022

CARTA AOS NOS@S COMPAÑEIR@S DE CÁDIZ. AMBIENTES

E como seguimos con moita intriga… puxémonos lapis en man e escribimos unha carta chea de preguntas para os compañeiros e compañeiras de Cádiz.

Con moita ilusión fomos levala á oficina de Correos e alí, a carteira, moi amablemente explicounos moitas cousas sobre o percorrido da nosa carta e o tempo que ía tardar en chegar a Cádiz.

Pero como non podemos parar, mentres esperamos a resposta, comezamos a traballar nas nosas clases por ambientes de aprendizaxe e, por suposto, seguimos aprendendo moitísimas cousas que nos axudarán a  resolver o misterio final.

miércoles, 19 de octubre de 2022

VI CONCURSO FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES


Xa temos de novo  a sexta edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.

Como en anos anteriores o certame convida á mocidade do noso concello a atopar espazos, obxectos, festas e eventos representativos tanto da súa contorna coma da súa propia identidade.

 Cada participante pode presentar un máximo de dúas imaxes sen editar ou mellorar e totalmente orixinais (tomadas ao longo de 2022 e non publicadas con anterioridade). O xurado, designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías en función do adecuado seguimento das bases, a súa orixinalidade e creatividade e, tamén, a representatividade do pobo de Ares.

Establécense dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, seleccionándose 3 instantáneas por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. As fotografías gañadoras tamén pasarán a formar parte do calendario de 2023 do Concello que se reparte por toda a localidade, sempre debidamente identificadas coas súas autorías.

O envío das fotografías  está aberto dende o 18 de outubro, ata o 4 de novembro ás 20:00 horas, remitindo as fotografías e o formulario de participación a concursofotografia@concellodeares.com

 Para descargar os formularios de participación así como as bases en PDF podedes premer nos seguintes enlaces

👉FORMULARIO INSCRICIÓN CONCURSO FOTOGRAFÍA XUVENILCONCELLO DE ARES- CPI ASMIRANDAS

👉FORMULARIO AUTORIZACIÓN DEIMAXES DE TERCEIROS

👉BASES en pdf

domingo, 16 de octubre de 2022

PROCURANDO PISTAS COA AXUDA DO ALUMNADO DE 5º E 6º. Proxecto 1º ciclo E.P.

 O alumnado de 1º e 2º de primaria seguimos á busca de pistas para resolver o misterio das especias encontradas no cofre na ría de Ares. Esta vez os nosos/as compañeiros/as de 5º e 6º axudáronnos  contándonos unha morea de cousas que non sabiamos.  

Mirade o vídeo.

jueves, 6 de octubre de 2022

NA PROCURA DO COFRE MISTERIOSO. Alumnado do 1º ciclo de primaria

 Os menos e nenas de 1º e 2º de primaria andan envoltos nun misterio. O luns recibiron unha carta de Dani, mariñeiro  de Ares, pedíndolles colaboración para rescatar un tesouro don fondo do mar. E aló foron.

No porto de Ares descubriron un cofre cheo dunha especia…por que?, para que?

Estade atentos e atentas que seguiremos investigando e informándovos do que vaia acontecendo.

miércoles, 5 de octubre de 2022

CONCERTO DE MJ PÉREZ NOS ACTOS DO DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE

 Hoxe  o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu ao concerto que a cantautora MJ Pérez ofreceu no salón de actos da Alianza Aresana dentro das actividades que se están a desenvolver para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante.

Un acto no que a rapazada que fai varios anos signou unha das súas cancións no concurso “Cantando coas mans” puido reencontarse con ela a acompañala de novo signando a canción “O fío do que pendo”.

Un luxo poder contar con MJ Pérez e vibrar coa súa música e as súas palabras.

Grazas a área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol pola organización deste concerto.


Aquí tedes un pequeno vídeo do acto.