Mostrando entradas con la etiqueta LSE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LSE. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de junio de 2022

14 XUÑO, DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS

Hoxe 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, un día no que se trata de difundir entre a sociedade a lingua das persoas xordas, a súa utilidade e o seu valor, poñendo en coñecemento de todos e todas as cidadáns que as LSE' s son un idioma para a vida e para a convivencia.

Aquí tedes o enlace ao blog Sígnocho Eu do CPI As Mirandas, no que podedes ver algunhas das cousas que facemos no noso cole.

 https://signochoeu.blogspot.com/p/cancions-en-lingua-de-signos.html


 

viernes, 27 de mayo de 2022

MORRIÑA

O alumnado de 2º da ESO interpreta en LSE o tema Morriña de Baiuca. Un vídeo organizado e feito en tempo record, pero a rapazada deste curso é incrible e asume calquera reto, sobre todo porque saben traballar en equipo. Algúns deles incluso enviaron a súa parte signada dende Palermo, onde estaban a realizar unha viaxe de Erasmus.

Noraboa rapazada e grazas sempre a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de signos, por iniciativas tan fermosas.

lunes, 28 de septiembre de 2020

COMEZAMOS UN NOVO CURSO FORMÁNDONOS EN LINGUA DE SIGNOS

O 23 de setembro, celébrase o Día Internacional das Linguas de Signos. Unha data que Nacións Unidas declarou oficialmente en 2017 facéndoa coincidir co aniversario da Federación Mundial de Persoas Xordas para reivindicar estas linguas como parte da diversidade lingüística e cultural.

Se queremos un desenvolvemento saudable  para xs nenxs xordxs, é necesario superar aquelas ideas que obstaculizan a posibilidade de ofrecer e recibir unha atención integral que, entre outras cousas, inclúa a adquisición da lingua de signos nos colexios.

Esta semana  no noso cole,  formámonos  e aprendemos  LSE dá  man de Teresa dá Asociación de  Persoas  Xordas de Ferrolterra. Grazas  Teresa por abrirnos os ollos e as mans á LSE.

miércoles, 14 de junio de 2017

E GAÑAMOS!!!!!!!!!

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto.