A data de hoxe, 24 de febreiro (data de
nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro
pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seu
Calendario do Libro e da Lectura.
Desde o século XIX Rosalía de
Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a escritora máis
representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu
pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación
e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio,
foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da
nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os
tempos.
No noso centro, os alumnos e
alumnas de Terceiro de Primaria e 1º da ESO, recórdannos a Rosalía recitando os
seus poemas e facendo unha breve
declaración co lema de “Eu son Rosalia...”, e así amosar as múltiples
sensibilidades da autora.
O alumnado de 4º ESO do cole de Ares está a concursar no Festival de Clipmetraxes sobre a pobreza e o cambio climático. Como hai un premio ao clipmetraxe máis votado, pediríavos que si queredes, piquedes na foto, o vexades e nos regaledes un voto.
Este ano celebramos o Entroido
por todo o alto. A verdade é que hai que dar as grazas a todo o profesorado de
infantil, primaria e secundaria e, por suposto ao alumnado, por todo o traballo
e implicación nesta xornada. Non soamente se apreciaba toda unha labor de
semanas na elaboración dos disfraces dos de infantil e primaria, senón tamén
nas coreografías e representacións que os alumnos/as dos diferentes cursos da
ESO levaron a cabo. E, aínda que o tempo non acompañou, non conseguiu sen
embargo “augar a festa”.
NaESO comezamos as actividades
coa I Carreira de disfraces “Dulcess Lessons”, carreira lúdico-deportiva
encamiñada a recadar fondos para a construción dunha escola infantil en Iringa
(Tanzania). A nosa compañeira e atleta Paula Mayobre patrocinou e acompañou ao
alumnado nesta actividade, na que se repartiron premios aos corredores e ao
mellor disfraz.
Tamén tivemos a entrega de
premios da IV Semana Problemática organizada polo departamento de matemáticas e
as finais do campionato de fútbol sala organizado polo departamento de
Educación Física. E para rematar, que mellor que facelo bailando coas
coreografías que os rapaces e rapazas da ESO montaron con tanto entusiasmo. A
verdade é que o fixeron espectacularmente.
En Infantil e Primarianon
puideron saír pola vila pero aínda así, desfilaron polo patio cuberto para
todos, incluídos os pais e as nais e os centos de reporteiros gráficos que ata
alí se achegaron. E...sorprendéronnos cos seus disfraces. Este ano o tema era o
tempo atmosférico. Non faltaron os lóstregos e nubarróns, as chuviscadas e as
nubes, as pingas de auga e o arco da vella, o sol ( que aínda que non nos
acompañou na xornada, estivo moi ben representado polo noso secretario Juan).Tamén
tiveron presente o coidado do medio ambiente cos disfraces de reciclaxe e as
pancartas reivindicando o coidado do planeta. A verdade é que tod@s alumnos/as,
profesores/as merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de
tanta talla. E logo do desfile degustaron postres típicos do entroido que
amablemente prepararon as nais dos alumn@s.
A continuación tedes unha reportaxe gráfica da xornada.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) infórmavos de que están á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder directamente á páxina da SXPL que contén dita información.
O alumnado de 1º ESO estivo a traballar
sobre o papel que xogan as ONGD´s no desenvolvemento humano dos pobos. A partir
da información que foron recompilando gravaron este vídeo documental no que se
inclúen algunhas das ONGD´s máis importantes e as actuacións que están a
realizar, encamiñadas ao desenvolvemento de colectivos excluídos ou en risco de
exclusión, así como a países ou comunidades necesitados de axuda e ao desenvolvemento humano e sostible do noso
planeta.
Con esta actividade preténdese potenciar o uso oral e escrito do noso idioma así
como fomentar os “Proxectos documentais” que integran
as Tic e o Proxecto Lector.
Aquí vos deixamos o vídeo. Esperamos que vos guste.