Mostrando entradas con la etiqueta Xeometría da natureza. Educabarrié. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeometría da natureza. Educabarrié. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ "XEOMETRÍA DA NATUREZA"

O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns. Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos. O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles e as súas profes!!!!!