lunes, 27 de noviembre de 2017

O ÚLTIMO BALENEIRO

Hoxe, contamos coa visita de Miguel López Pérez , un veciño de Ares que é " o último baleneiro ". Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportában, diferencias entre un cachalote e unha balea, o que comen... A verdade, foi un gran placer escoitalo, os alumnos e alumnas de 1º de E.P. quedaron abraiados. Grazas Miguel.

ENTREGA DOS PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Esta tarde na Biblioteca do Concello,  Alma Barrón(concelleira de cultura)  e  José Juan Vilar (concelleiro de servizos) fixeron entrega dos premios do I Concurso de Fotografía Xuvenil.
As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que ilustran o  calendario do Concello para este próximo ano 2018,  e que foi presentado neste acto.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e rapazas que presentaron as súas instantáneas  ao concurso, fotografías que poderemos ver  todos no calendario deste ano.




jueves, 23 de noviembre de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S.

Esta semana para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández,  descubrimos á importancia da educación; o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que debemos  aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubriu o importante que era saber ter coñecementos.

É unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación.  Un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deberían, aínda que  continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas en moitos países.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á  educación está amplamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hai 57 millóns de nenos  e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros  tantos reciben unha educación descontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos  ao mesmo tempo o incumprimento deste dereito que se está a dar en tantas partes do mundo.



Ao final actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha  pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de coidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.

As profes Meli e Pamen recibindo o agasallo da semente para plantar en cada súa aula




jueves, 16 de noviembre de 2017

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA

Hoxe Yu xin, Sofía, Marta e Andrea amósanos o tempo que teremos esta fin de semana. 
 Ah!, e se queredes viaxar a Francia a pasar os vindeiros días, aquí nos deixan a previsión do país veciño.

BOA FIN DE SEMANA!!!

          

           

viernes, 10 de noviembre de 2017

RETRANSMITINDO O VINDEL

Alumnos galegos e portugueses realizarán o programa “ radiovisual ” RETRANSMITINDO O VINDEL con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e da presenza en Vigo do pergamiño de Martín Códax. Ponte...nas ondas! retransmitirá a través do portal Web www.escolasnasondas.com a partir das 11.00 hs. un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordarán diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel.


  

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA DESDE O CPI AS MIRANDAS

Esta semana Jaime e Miguel presentan o tempo que teremos cara aos vindeiros días.


             

jueves, 9 de noviembre de 2017

O alumnado de primaria no Pazo da Cultura, rompe fronteiras cos Ghazafelhos

Hoxe rompemos fronteiras. Hoxe a Lúa baixou á Terra. Hoxe os nenos e nenas emocionámonos unha vez máis cos Ghazafelhos. Grazas a todos eles por darnos unha mellor visión do mundo.

Seguiremos en contacto coa Lúa...






lunes, 6 de noviembre de 2017

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL: MAILOVART 2017

Hoxe tivemos no Mosteiro de santa Catalina de Montefaro a inauguración da exposición do certame MaiLOVart do CPI As Mirandas coa colaboración do Concello de Ares e da Asociación de Amigos de Santa Catalina. Un fermoso acto realizado polos nenos e nenas de 2º de primaria e as súas profes Meli e Lara. Á presentación da exposición asistiron ademais da concelleira de educación Alma Barrón, Celsa e Rogelio da Asociación de Amigos de Santa Catalina, a nosa directora Blanca Cortizas así como pais,nais e profesores do noso centro.

Poderedes visitala ata o 20 de decembro de luns a sábado de 16h a 18h, e os domingos e festivos de 12h a 14h e de 16h a 18h.

                                                         Aquí podedes ver os vídeos do evento.

               

              

viernes, 3 de noviembre de 2017

O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON HUGO E UXÍA

Parece que volven as choivas!!!. Todas as novedades do tempo de cara a fin de semana contadas por Hugo e Uxía de 5º de primaria.

jueves, 2 de noviembre de 2017

I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.

Con motivo da celebración do día da Ciencia en Galego, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñen un proxecto para achegar a ciencia ao mundo da Arte a través das letras, no que o alumnado xoga un papel protagonista. O proxecto desenvólvese en tres fases.

Na primeira semana, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías das presentadas aos premios VII premio de fotografía de la ciencia 2016,  Wildlife 2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha fotografía comeza a segunda fase.

 Na segunda fase, cada estudante de cada subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso, seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións, sentimentos che producen estas fotografías?.

Cada texto seleccionado irá cunha xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.

Por último, na derradeira fase, na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte e Literatura: as emocións entroncadas.  Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e autores da selección. Ademais, proponse que na hora de lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos xustifiquen a selección dese texto.

Un grupo de expertos (docentes das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.

Xurado: Departamento de Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e Equipo de Dinamización Lingüística.

 A exposición estará aberta ao público en xeral na semana da Celebración da Ciencia en Galego, do 6 ao 12 de novembro na entrada do edificio administrativo do CPI As Mirandas.

Agradecemos a colaboración da Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)