Hoxe os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados "Buscando a paz" e "A espada pacifista". Ao remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º, dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con caramelos. Agardamos que volvan pronto a facernos unha visita.
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de febrero de 2012
martes, 24 de enero de 2012
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".
Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.
O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.
Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO na asignatura de "Reli", foi a de deseñar pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia da Paz a todos os nenos e nenas do centro.
Autores: Xosé Manuel, Carlos, Nando e Alejandro (1º ESO)
Autora: Cristina Fernández (1º A)
Autora: Elisabeth Domínguez (1º ESO)
Autor: Francisco Rañales (1º ESO)
Autoras: Andrea Salido, Eva Gil e Begoña Muiño (1º ESO)
Autora: Noelia Calvo (1º ESO)
Autora: Noelia Calvo (1º ESO)
Tamén os alumnos de 2º e 3º da ESO da asignatura de "Reli" fixeron un mural super chulo cunha pomba e un lema que di "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño".
Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi, para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...
Aquí vos deixamos unha escolma de Contos para a Paz. Premede na imaxe para velos en grande.
Manifesto pola paz 2012
View more documents from Yolanda Castro López.
jueves, 20 de enero de 2011
30 de xaneiro: "Día Escolar da Non violencia e a Paz"
O próximo día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade.
O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O educador e pacifista que fundou no ano 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi Lorenzo Vidal. Se queredes saber máis sobre el e a súa obra podedes picar no seguinte enlace: Lorenzo Vidal
Aqui podedes ver unha mensaxe que vos deixa aos rapaces e rapazas do cole
:
:
Aquí temos algúns dos deseños convertidos en pegatinas,que fixeron os rapaces e rapazas do noso cole.
miércoles, 27 de enero de 2010
30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Para que a paz sexa algo máis ca un conto
Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.
A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.
Traballemos tódolos días por unha cultura de paz
Os nosos alumnos tamén reflexionaron sobre o tema da paz e da non violencia elaborando murais, debuxos e textos alusivos a mesma.


Os alumnos de infantil tamén celebraron e traballaron o día da paz. Falaron sobre ela, o que era, como podían contribuir a que nas clases houbera Paz, e logo fixeron unhas fichas conmemorativas do DÍA DA PAZ. En 3 anos A e B fixeron unha pomba con vandal, en 4 anos A e 5 anos A unha poesía e os nenos de alternativa de 5 anos B fixeron un mural. Si queredes ver a reportaxe fotográfica do seu traballo pinchade aquí. Blogue Infantil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















