Mostrando entradas con la etiqueta Recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de abril de 2022

RECURSOS PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN CO ALUMNADO DE UCRAÍNA

 


Dada a situación bélica de Ucraína e ante a chegada de nenas e nenos refuxiados a algunhas das nosas aulas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) facilítanos  os seguintes materiais:

sábado, 27 de octubre de 2012

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAÍN, O OUTONO E O MAGOSTO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos recursos.
Se premedes na seguinte imaxe atoparedes materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.


lunes, 13 de febrero de 2012

Un novo xornal dixital en galego: PRAZA PÚBLICA

Dende hai unhas cantas semanas funciona un novo xornal "Praza Pública" que emprega o galego como lingua exclusiva. Canta falta facía!

Preme na imaxe para poder velo

martes, 6 de diciembre de 2011

DINAMIZACIÓN E SOCIALIZACIÓN NUNHA CONTORNA RURAL.

 UNHA EXPERIENCIA DE CENTRO

“Dinamización e socialización nunha contorna rural”  é o título do relatorio impartido no Curso de Galego para o Funcionariado en Prácticas no CEFORE de Ferrol. A través desta ponencia podemos ver a práctica dinamizadora que o EDLG está levando a cabo no CPI Virxe da Cela, en Monfero (A Coruña).

Dinamización e socialización nunha contorna rural

domingo, 27 de noviembre de 2011

RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS


A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Deste modo, dende a Coordinadora se nos ofrece unha plataforma web colaborativa que recolle recursos e materiais elaborados nos propios centros escolares. Neste monográfico especial de nadal podedes atopar:

1.- Recursos para traballar nas aulas:  escolma de recursos elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, panxoliñas, contos, modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e o Apalpador, o refraneiro, bases de concursos, etc. Agardamos completala coas vosas achegas a   correo@coordinadoraendl.org . 
2.-  Postais elaboradas polo alumnado: espazo destinado a recoller as felicitacións feitas polo alumnado que, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas, a través da rede e de modo moi sinxelo, polo propio alumnado e as súas familias para felicitar as festas e o novo ano. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 19 de decembro. 
 
O enderezo da páxina é:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php


jueves, 24 de noviembre de 2011

EDUCACIÓN DIXITAL: e-ducando

Hoxe en día, o uso que os nenos, adolescentes e mozos fan de Internet non pode deixar indiferentes a pais e educadores, xa que se os beneficios son evidentes tamén son moitas as ameazas ás que están expostos mentres navegan. A mellor forma de os protexer é estar informados e aplicar prácticas de seguridade eficientes.
 A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a través do dominio http://educaciondixital.as-pg.com facilita información de interese sobre o concepto de educación dixital e temáticas vinculadas. É o proxecto e-ducando, unha iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica galega que pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis novas ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da Sociedade das súas potencialidades e perigos. É un proxecto que se dirixe a toda a sociedade porque toda a sociedade está implicada no proceso educativo e pretende incidir nos aspectos dun cambio necesario que ten que ver máis cos aspectos sociais que cos tecnolóxicos.
 Por iso, desde esta asociación invítannos a visitar e-ducando (http://educaciondixital.as-pg.com/) para informarnos, atopar novas sobre a educación dixital,poñer en común recursos dixitais ou buscar os mellores recursos web.

martes, 14 de diciembre de 2010

Recursos para traballar o nadal nas aulas

A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar:

1.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
2.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.