Os alumnos de 2º ESO-A ,realizaron unha adaptación da película basada na vida da física estadounidense Katherine Johnson, científica espacial e matemática que
contribuíu á aeronáutica e aos seus programas espaciais coa aplicación das
primeiras computadoras electrónicas dixitais na NASA.
Este traballo e un máis da
serie “ Mulleres que fixeron historia”, que realizamos para conmemorar o Día
Internacional da Muller.
Parabéns aos rapaces e
rapazas de 2º ESO pola iniciativa que tiveron e por todo otraballo realizado: guión, vestiario,
grabación.... e por suposto a súa profe de matemáticas, Belén, por motivalos
tan ben. Mención especial para os profes Dani, Rocío,Anxo, Victor e Belén que se prestaron a colaborar no vídeo.
O mércores
día 21 de Marzo comezou a primavera e conmemoramos o Día da Árbore, e que
mellor xeito de recibila que repoboando con buxo os xardíns do Mosteiro de
Santa Catalina de Montefaro. Así, os
nenos e nenas de 1º de primaria coas súas profes Meli e Pamen, achegaronse ata
Montefaro onde os estaban a esperar Celsa e os seus compañeiros da AAMSC para continuar a labor emprendida fai xa tres
anos na que nos comprometemos a coidar e
manter os xardíns de Santa Catalina.
Este ano propoñémonos
facer un estudo do seu crecemento ao longo do curso escolar e para iso faremos
unha sinxela experiencia: nun lugar plantaranse esgallos (esquejes) , noutroesgallos en
terra abonada e noutro lugar plantas con raíces. Esperamos que a próxima vez
que nos acerquemos ao Mosteiro vexamos como medraron as nosas plantiñas de
buxo.
La AAMSC
quere agradecer ao CPI As Mirandas de Ares, a súa contribución coa realización
de esta actividade ,á difusión do coñecementoe mantemento do BIC ( Ben de Interés Cultural ) do Mosteiro de Santa
Catalina, principal obxectivo da nosaasociación.
Celsa
Formoso . Asociación de amigos do
Mosteiro de Santa Catalina
Por terceiro ano consecutivo o noso centro está a participar no programa «Fálame da emigración», de
Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro interxeracional entre
maiores e estudantes no que os maiores e alumnas e alumnos dialogan sobre
vivencias na emigración. Este proxecto
ten tres obxectivos fundamentais: que as persoas maiores transmitan os seus
coñecementos e experiencia, que o noso alumnado se beneficie do legado das
persoas maiores e que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de
aprendizaxe favorecendo en todos os casos o diálogo, a cooperación e o
entendemento entre as distintas xeracións.
Neste encontro tivemos con nós a Sara, Ezequiel e Carmen que
compartiron con todos nós as súas experiencias en Suiza, Canadá e Arxentina. No
segundo encontro que teremos con eles, que será á volta das vacacións, rapaces
e rapazas de 2º ESO tras investigar sobre a historia de vida das súas propias familias,
relatarán tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionarán sobre
as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos
ou as diferenzas coa inmigración en Galicia.
Neste vídeo podedes ver un extracto deste primeiro encontro
O
xornalista e colaborador de La
Voz de Galicia,
Ernesto Sánchez Pombo, imparte unha charla centrada nos valores da
comunicación e do xornalismo no CPI As Mirandas
O
alumnado de 4º de ESO do CPI As Mirandas, de Ares, participou na
charla que impartiu o xornalista e colaborador do Grupo Voz, Ernesto
Sánchez Pombo, na mañá deste xoves 22 de marzo. Co título « O
mellor oficio do mundo », frase empregada no seu día polo
escritor colombiano Gabriel García Márquez, e mediante o emprego de
imaxes impactantes extraídas dos medios de comunicación,
nomeadamente xornais e revistas, o xornalista foi narrando ao
alumnado a evolución e os cambios acontecidos no mundo da
comunicación e do xornalismo ao longo da historia. Durante a súa
intervención centrouse principalmente no que vén acontecendo no
último século en España. Ademais explicoulles aos alumnos o papel
da censura na época da Ditadura, así como a que moitas veces
aparece nos medios de comunicación modernos, « en ocasións
por presións dos gobernos de todo o mundo que pretenden impoñer o
seu criterio por riba da obxectividade que queremos ofrecer os
xornalistas », remarcou Ernesto S. Pombo, que tamén engadiu
que « a obxectividade pola que loitamos os xornalistas é
sinónimo de democracia ». Tamén sinalou as dificultades que
teñen os xornalistas para desenvolver o seu labor, así como outras
opcións que escollen os máis novos para informarse, principalmente
as redes sociais, que están « cheas de novas falsas e sen
fundamento ». A charla, cunha duración de hora e media e que
estivo acompañada dun coloquio final co alumnado, finalizou coa
proxección de cabeceiras e titulares que contiñan erros
lingüísticos e de contido.
O
persoal da brigada municipal do noso concello, encargada do control e
eliminación dos niños das avespas velutinas, deu un obradoiro no noso cole
para o alumnado de 1º ESO e 5º e 6º de primaria.
Neste
obradoiro tentaron concienciar ao alumnado sobre as consecuencias da invasión
da velutina e como axudar a evitar a
propagación da especie. Puidemos ver algunhas velutinas (mortas, por suposto!) e os seus
niños, así como descubrir o impacto que ten a súa actuación sobre a poboación:
os seus enormes niños conteñen gran cantidade de avespasque representan un enorme risco para calquera
que interactue con elas ademais do grave impacto
que provocan no medio ambiente sobre todo nas abellas, presas favoritas delas,
xa que ao matalas impiden a labor de polinización que estas practican,
imprescindible na natureza.
Logo
da charla os alumnos/as elaboraron cada súa trampa e recibiron orientacións
para súa ubicación e o seu seguimento.
Grazas a Agustín e Carlos por todo o que nos ensinaron.
En
breve achegarémonos á contorna do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro para colocar algunhas das trampas
que fabricamos no noso cole.
Ola amigos e amigas
"preguntóns", xa estamos de novo de volta co noso concurso estrela. Pero este
ano cunha temática superchula relacionada co Proxecto Meteoescolas, isto quere
dicir que as preguntas, adiviñas, enigmas que proporemos estarán ligadas a esta
temática.
E falando da temática, aquí vos presento á nosa mascota, un
polbiño moi galego que por certo, estamos a poñerlle nome. Para iso, queremos
contar coa vosa colaboración. Que como o podedes facer?, pois moi sinxelo: na
entrada de primaria poderedes encontrar unha urna na que podedes deixar o nome
que vos gustaría para a nosa mascota. Tedes de prazo ata o venres 23 de marzo que é o Día Internacional da Meteoroloxía. Logo,de entre todos os nomes propostos elixiremos tres e, a volta de vacacións de Semana Santa, poderedes votar o que máis vos guste deses
tres.
Tamén á volta das vacacións poderedes facer a vosa
inscrición no concurso. Ide buscando xa a vosa parella e o nome do voso grupo, xa que a data para inscribirvos remata o 6 de abril e o Preguntón comeza o 9 de abril. De tódolos xeitos aquí vos deixamos
as bases do concurso para que lles votedes unha ollada.
Vamos... animádevos a participar!!!!!. Xa comeza a conta
atrás......
Que
pasada!!!. Os vídeos que realizamos para o Día da Muller co título “Mulleres
que fixeron historia” percorren o mundo e chegan a China. Verónica Boquete a
xogadora de fútbol galega que neste momento atópase no Beijing Bg da Superliga
China, partillou o vídeo que fixemos no cole e que magnificamente interpretou
Mariña de 6º de primaria xunto cos seus compañeir@s.
Aquí
vos deixamos a captura de pantalla do tweet que Verónica enviou a Mariña.
O pasado venres 9 de marzo, como vén
sendo habitual desde hai xa algúns anos, dous alumnos do noso centro
participaron na X edición do concurso de
Coca Cola Novos talentos, relato curto.
Este curso, Iker e Uxía, de 2º ESO, asistiron á Facultade de Filoloxía d´A
Coruña para realizaren a proba. Logo dunha breve presentación na Aula Magna da
facultade, entregáronselles a cada un dos 100 participantes da zona de Ferrol e
A Coruña os estímulos para procurar a inspiración no proceso de creación. Este
curso, os estímulos foron un “encerado” e a frase escrita nel: “Profe:
pasaporte ao futuro”, como homenaxe á docencia ao longo da historia deste
concurso.
A partir deste momento os rapaces e
rapazas comezan o seu relato deixando voar a súa imaxinación durante dúas
horas.
Desexámoslles moita sorte aos nosos participantes!!!
Baixo o lema “Reinventemos
xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI As Mirandas de
Ares e do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, uniron esforzos para
elaborar e realizarunha serie de vídeos
para o Concurso Escolar Once.Con esta
proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais,
profesores e profesoras e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de
crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma
dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos.
Aquí podedes ver os videos realizados e presentados ao
concurso escolar. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.
Emotiva homenaxe ás
mulleres, o que vivimos o venres 9 de marzo na proxección do documental “Marea
de Mulleres”, audiovisual realizado polo alumnado de 4º de ESO do CPI As
Mirandas no proxecto “Vidas Mariñeiras” que levamos a termo no primeiro
trimestre.
Dende aquí queremos dar os nosos parabéns as homenaxeadas,
que non son máis que a representación de todas as mulleres que loitaron e
loitan co seu traballo, moitas veces calado e non recoñecido, por sacar adiante
a familia, aos fillos, a vida... e que loitaron por labrarnos un futuro e tanto
traballaron por nós. Dentro das actividades que levamos a termo polo
Día da Muller, as alumnas e alumnos do centro escolar en colaboración co Concello
quixeron dedicarlle este acto. Só quero subliñar as verbas coas que remata o
documental, escritas por Verónica de 4º ESO:
“Intemporais, como as ondas do mar que se moven coas mareas,en silencio, mais
sen perder forza, sen descanso e sen queixa, constantes, inesgotables e
experimentadas, agochando unha chea de ventos e correntes, as súas historias.
Moito cambiou dende que botaron a andar, pero o delas segue sendo o noso
ronsel, un camiño das mulleres e da terra, un camiño noso, no mar”.
“Dedicado a todas aquelas que co seu traballo
loitaron polos nosos dereitos e liberdades”.
Non quero rematar estas liñas sen dar a en hora boa a todas as alumnas e
alumnos de 4º polo seu incansable e bo traballo tanto na realización do
documental, como no acto. Impecables tod@s: dende as presentadoras, á lectora
do discurso, os músicos, as rapazas que acompañaron en todo momento ásmulleres homenaxeadas, a fotógrafa, o
realizador do vídeo...
Grazas tamén a Anxo (profe de galego) pola súa
implicación neste proxecto que, pola parte
que me toca, penso que non podería ser posible sen el.
Despois do acto de mobilización pola rúa que realizamos
onte, seguimos conmemorando o Día da muller con diversas actividades entre as que
destaca a realización dos mini documentais titulados “Mulleres
que fixeron historia”. A través das
distintas materias os alumn@s investigaron a vida e obra de mulleres que despuntaron
en múltiples disciplinas e que en moitos casos o seu traballo nunca tivo o
recoñecemento que se merecía. Científicas, literatas, deportistas, artistas,
inventoras, matemáticas, aventureiras… aparecen nestes traballos audiovisuais
que realizaron os rapaces e rapazas dos cursos de ESO e 5º e 6º de primaria.
A través deles poderedes descubrir a fascinante vida desas
mulleres que a maioría das veces, tiveron que derrubar muros para chegar a
alcanzar as súas metas.
Traballo realizado polos alumnos/as de 1º ESO na materia de Lingua galega Pioneiras galegas
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º A de primaria
Verónica Boquete, xogadora de fútbol
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º B de primaria
Sara Baras, bailaora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 6º B de primaria
Amelia Earhart, aviadora
Traballo realizado pol@s alumn@s de 5º A de primaria
Chus Lago, alpinista
Traballo realizado pol@s alumn@s de 4º ESO B na materia de matemáticas. Sophie Germain, matemática
O CPI As Mirandas. xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller CIM) e a Concellaría de Muller, organizamos diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da Muller.
A primeira delas tivo lugar esta tarde a través dunha mobilibización polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron os estudantes do CPI As Mirandas xunto cos seus profesores e directora así como as asociacións de mulleres do municipio e os representantes das distintas concellerias, nas que se encontraban representantes do CIM (Centro de Información á Muller, concelleria da muller e de cultura e o alcalde.
A marcha rematou na praza da Constitución cun manifesto que realizaron os alumn@s do CPI As Mirandas e finalizamos cunha canción de SES, “Tempestades de sal”.
O longo desta semana iranse sucedendo diversos actos, tanto no centro educativo como no concello, entre os que destaca o venres 9 de marzo a "Homenaxe as mulleres" que os alumn@s de 4º ESO están a preparar, acto no que se proxectará o documental Marea de Mulleres, realizado por eles.
Cinco dos nosos alumn@s de 4º ESO, Álvaro, Verónica, Borja, Sara e Icia teñen a sorte de viaxar 10 días a Croacia con Romy, a nosa auxiliar de conversa. Unha unha viaxe na que poderán ademais de mellorar o seu inglés, compartir experiencias con xóvenes de outros países. Esperemos que á volta da viaxe nos conten todo o vivido nesa gran experiencia. Terémosvos informados.