martes, 23 de diciembre de 2014
sábado, 20 de diciembre de 2014
ÉXITO DA IV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE REALIZADA NO NOSO CENTRO
A pesar do mal tempo que nos acompañou
o xoves, o milagre fíxose posible e os nos@s corredores e
corredoras solidarios, vencendo a choiva e o frío, correron a “IV
Carreira Quilómetros de solidariedade” que organizou o o noso cole.
Foi unha xornada estupenda na que todos
os alumnos e alumnas do cole(infantil, primaria e secundaria), correron xuntos por un obxectivo común, “que
todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades”.
Dende aquí queremos dar as grazas a toda
a comunidade educativa, alumnado, familias e profesorado, polo voso
apoio e solidariedade. Sodes moi GRANDES, con maiúsculas!!!.
Grazas tamén á atleta Paula Mayobre que,
outro ano mais, acompañou durante toda a xornada aos nenos e nenas e
aos non tan nenos, nesta actividade.
Mención tamén aos establecementos
colaboradores (Floristería Real e a Frutería de Mari), ao Concello
de Ares, Policía Local e Protección Civil.
Fruto da vosa solidariedade os 1.130,43
euros recadados axudarán a que
os nenos e nenas de Malí teñan a oportunidade de ir á escola e
gozar do DEREITO Á EDUCACIÓN.
NORABOA A TOD@S E GRAZAS, DE
NOVO, POLA VOSA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN!!!!
BO NADAL!!!
Aquí vos deixamos os videos da xornada.
CARREIRA SECUNDARIA
CARREIRA INFANTIL E PRIMARIA
jueves, 11 de diciembre de 2014
CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 2014
Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de
toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con
dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito
crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas
de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar á infancia mais
desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
O alumnado de secundaria do noso centro leva xa 4 anos
participando nesta actividade en
colaboración coa ONG “Save the Children”, e este ano por primeira vez,
sumaranse os alumnos/as de primaria e infantil.
Nesta actividade solidaria,
o alumnado aboará 1 € (prazo 24 de novembro ata 10 de decembro) por
inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carnet de corredor e un
diploma acreditativo de participación.
Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children á reconstrucción de infraestructuras escolares en Mali.
Un ano mais, a atleta aresana Paula Mayobre estará connosco e
apoiará esta causa coa súa presenza correndo cos rapaces e rapazas do
noso centro.
Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación
e solidariedade e invitamos a todos os
pais e nais a que o xoves 18 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos
corredores solidarios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)