lunes, 24 de junio de 2024
sábado, 22 de junio de 2024
ACTO DE GRADUACIÓN 4º ESO. CPI AS MIRANDAS
Onte, venres 21 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, compañeiros/as e representantes do Concello.
Despois de varias semanas de traballo intenso,
exames, estrés...chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para estas
rapazas e rapaces que pasaron a meirande partes das súas vidas compartindo
aula, compañeiros e profesores, esta foi a derradeira xornada no CPI As
Mirandas.
Desexámosvos de corazón toda a sorte do mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas as portas deste, o voso cole.
Con cariño, A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas
VIDEO RECORDO DO PASO POLO NOSO COLE
VÍDEO ACTO DE GRADUACIÓN
jueves, 20 de junio de 2024
XIV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Un ano máis, e xa van catorce, o noso colexio como Centro Embaixador de Save The Children organizou a XIV Carreira Quilómetros de Solidariedade.
Desde o noso centro
agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira
solidaria e por suposto ás familias por patrocinar coas súas aportacións esta
causa, ao concello, á policía local de Ares e a protección civil.
Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.
viernes, 14 de junio de 2024
VÍDEO DE DESPEDIDA REALIZADO POLA RAPAZADA DE 4º ESO
miércoles, 5 de junio de 2024
MELLOR SEN LIXO.
Os rapaces e rapazas de 4º de ESO realizaron unha recollida de lixo na contorna do paseo marítimo e na Praia de Ares, un xesto contra o Cambio Climático que debería facernos reflexionar sobre como debemos xestionar os nosos residuos adecuadamente.
Esta saída non só foi unha actividade
educativa, senón tamén un recordatorio da importancia de coidar a nosa contorna
e difundir a mensaxe entre a sociedade para que entre todos consigamos crear un
mundo mellor e máis sostible.
Por uns océanos e
praias libres de lixo
#mellorSenLixo
martes, 4 de junio de 2024
VISITA Á HORTA DE LUÍS
EXPOSICIÓN COMEDY WILDLIFE
O alumnado de 1° e 2° de primaria, visitou no día de hoxe, continuando co noso proxecto Natureza , a exposición Comedy Wildlife, no cal se mostra a cara máis divertida da vida salvaxe. Todo isto a través das fotografías seleccionadas no recoñecido premio Comedy Wildlife photo dos anos 2015 a 2022.
Bulide a visitala, a nos sacounos máis dun
sorriso.
Ademais aproveitamos para facer un taller de
xabón e axudar ao coidado do medioambiente a través dun consumo máis
responsable e reducir o uso dos plásticos.
QUEREMOS SER ARTISTAS
Este curso o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de representar unha obra no teatro Jofre. Si, no teatro Jofre!
A obra que escolleron nesta ocasión é "As
laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Neste traballo participou
toda a clase e contaron ademais coa colaboración dos pais e as nais. Gozaron
moito traballando en equipo.