Cada ano o 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do
Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o
racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos
contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en
1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de
Auschwitz-Birkenau. Esa data foi oficialmente proclamada, en novembro de 2005,
Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.
Hoxe, 27 de Xaneiro, lembramos ós
millóns de homes e mulleres que sufriron ou morreron nos campos de exterminio
nazis. Entre eles miles de españois e galegos e tamén da nosa comarca de
ferrolterra. Na súa memoria e, en agradecemento á súa loita polos dereitos que
son de todos e que hoxe gozamos, en parte grazas a eles, achegámonos cos
alumnos de cuarto da ESO ao monumento que os lembra para amosar o noso
agradecemento.