Mostrando entradas con la etiqueta "DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE" 23-24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE" 23-24. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de octubre de 2023

SOMOS UN POBO DE ARTISTAS

 Pois como o prometido é débeda aquí temos xa o podcast feito polo alumnado de 1º da ESO con motivo do Día do Orgullo Neofalante. Despois do obradoiro de formación (impartido por Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando) e da fase de investigación realizada no cole, na que o alumnado afondou na enorme variedade da escena musical galega, esta estupenda rapazada plasmou todo o seu traballo neste magnífico programa de radio. Parabéns a todo o alumnado de 1º de ESO polo ben que o fixeron e mención especial a Manu Ramil (alumno de 1º A) que realizou a gravación, edición e montaxe do mesmo. Sodes uns cracks!.

(Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.)

 Aquí tedes o podcast “Somos un pobo de artistas”. Non deixedes de escoitalo.

 

 

jueves, 28 de septiembre de 2023

SOMOS UN POBO DE ARTISTAS. DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE


Con motivo do Día do Orgullo Neofalante, hoxe xoves 28, o alumnado de 1º de ESO levou a termo  un obradoiro baixo o título “ Somos un pobo de artistas”. Esta actividade que se vai a desenvolver en varias fases ten como obxectivos:

·         Reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística, as falantes e neofalantes de linguas minorizadas e os seus propios usos lingüísticos.

·         Dar a coñecer referentes da riqueza e diversidade da música galega contemporánea.

·         Fomentar a curiosidade e o aprecio pola escena musical en galego.

·   Elaborar un pódcast onde recoller e espallar a experiencia e as aprendizaxes da actividade.

Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando S. Coop. Galega, foi a persoa encargada de impartir a formación.

Tras este primeiro obradoiro cada grupo, partindo dos coñecementos previos e da unidade didáctica Cantámola en galego, realizará un traballo de investigación onde afondará e visibilizará a enorme variedade da escena musical galega, ofrecendo referentes actuais de diferentes estilos.

Cada grupo rematará o guión iniciado na primeira sesión e escollerá unha ou varias representantes para locutalo rematando a actividade coa gravación de pódcast.

Esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.

 Proximamente penduraremos os pódcast realizados polo alumnado.