Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2022. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de febrero de 2022

DÍA DE ENTROIDO NO CPI AS MIRANDAS

 Este ano o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro  “ECOESCOLARES” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así na variedade de disfraces que desfilaron non faltaron  os osos polares reivindicando o coidado do medioambiente  e a reciclaxe para loitar contra o cambio climático; as pingas de auga e as nubes que, bailando cal danza india, parecera que pedían que a choiva nos acompañe para encher os embalses, que falta nos fai; tamén os apicultores e as abellas fixeron acto de presenza para incidir na importancia que teñen para a vida; as e os Ecoescolares de infantil, co mundo as súas costas, dicíannos que queren un planeta mellor para o seu futuro e os mergulladores do ECOBARCO recórdannos que temos que coidar o mar  e preservar todos os ecosistemas mariños do planeta tan necesarios para a vida.

Un día festivo no que non faltaron as cancións reivindicativas creadas polos nenos e nenas, a ledicia e o bo humor.

                                                            Grazas a todas e todos polo voso traballo!!!

Felices vacacións!