Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Metereoloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso. Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.
sábado, 21 de junio de 2014
ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS
Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Metereoloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso. Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.
jueves, 19 de junio de 2014
EXHIBICIÓN DE DEPORTE INCLUSIVO
Hoxe
no cole de Ares as catro escolas que desenvolve a Mancomunidade,
baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas, boccia e
baile adaptado, ofreceron unha exhibición no pabillón polideportivo
para dar a coñecer estas modalidades dende o punto de vista técnico,
e, por suposto, disfrutar dun espectáculo aberto a todas e todos. Aí
estivo o noso campeón aresán Alvaro Yllobre. Aquí tedes unha mostra:
miércoles, 18 de junio de 2014
ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"
Hoxe entregamos os premios dos Concursos de Portada de Libros e O preguntón. Felicidades a todos os premiados e participantes.E xa sabedes... esperámovos na próxima edición o vindeiro curso.
miércoles, 11 de junio de 2014
GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ "XEOMETRÍA DA NATUREZA"
O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns.
Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos.
O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles e as súas profes!!!!!
Etiquetas:
concursos,
Xeometría da natureza. Educabarrié
martes, 10 de junio de 2014
O NOSO COLE GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO DO PROXECTO METEOESCOLAS
Xa o curso pasado
apuntábamos maneiras cando recibimos o 2º premio do Proxecto Meteoescolas pero
este curso superámonos. Grazas ao bo facer e á labor e traballo do profe Jorge xunto coas profesoras
e profesores do cole que, desde infantil , primaria e ESO traballaron arreo
durante todo o curso, conseguimos acadar o 1º Premio do Programa Meteoescolas.
En hora boa a
todos os/as profes polo voso traballo e
esforzo, a todos os alumnos/as de infantil, primaria e ESO e por suposto ao
noso xenial coordinador Jorge. Con semellante plantel de artistas..non digades que non da gusto traballar!!!!!.
sábado, 7 de junio de 2014
"RIA DEL EO" 6º DE PRIMARIA
OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO OS ALUMNOS DE 6º DE E.P. FIXEMOS A NOSA VIAJE DE FIN DE PRIMARIA.
VIAXAMOS EN TREN A GRANXA ESCOLA " RÍA DEL EO" EN CASTROPOL (ASTURIAS).PARA MOITOS FOI A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN TREN.
REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES: FIXEMOS PAN,MONTAMOS EN BICICLETA, A CABALO NUNHA EGUA CHAMADA PALOMA,TIRO CON ARCO, VELAS,TIROLINA,COIDAMOS ANIMAIS,ORDEÑAMOS A VACA PARA LOGO FACER QUEIXO CON ESA LEITE,PLANTAMOS LEITUGAS QUE LOGO COMERÁN NENOS DOUTROS COLEXIOS..... TAMÉN TIVEMOS TEMPO LIBRE PARA XOGAR E CHARLAR.BUENO TAMÉN TRABALLAMOS :FIXEMOS AS CAMAS, PUXEMOS A MESA, RECOLLIMOS....
POLA NOITE TIVEMOS VELADA CON XOGOS DIVERTIDOS E LOGO.......SESIÓN DE DISCOTECA.
ÁS 12 MANDÁRONNOS A DURMIR , BUENO CON TANTA LEDICIA DURMIMOS MOI POUCO .....
¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!!!!
OS PROFES QUEDAMOS CONTENTOS CO VOSO COMPORTAMENTO. ¡A SEGUIR ASÍ!. BUENO UN POUCO MENOS FALADORES.
domingo, 1 de junio de 2014
CIENCIA EN RUTA
Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis.
Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento.
Foi IMPRESIONANTE!!!
Que velocidade e altura acadaron!
Foi un obradoiro xenial. Encantounos.
jueves, 29 de mayo de 2014
PREMIADOS NO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS
Difícil o tivo hoxe o xurado composto por Antonio Seijas (Ilustrador), Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas do I Concurso de Portada de Libros. O concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu.
Presentáronse un total de preto de 70 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e distintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición.
Desde aquí queremos agradecer ao noso artista local Antonio Seijas a súa colaboración como membro principal do xurado. Grazas Toni por estar sempre que requerimos a túa presenza. É sempre un luxo terte con nós.
Agradecer tamén a participación de Vilariño, querido compañeiro do noso centro que sabemos que non nos esquece e que sempre acode as nosas chamadas. E como non as profes de educación plástica do noso cole. E felicitar a todos os alumnos participantes.
Sodes uns artistas!!!!
Os gañadores e finalistas por categorías foron:
- 1º CICLO ESO: Alba Tabeayo (1º ESO) e Ana Martínez(2º ESO)
- 2º CICLO ESO: Noelia Calvo Tizón (3º ESO) e Sara Ferreiro Varela (4º ESO)
- 1º Ciclo EP: Marcos Pérez Cordero (2ºA) ,Nerea Salido Lorenzo (2ºA), Jairo García García, (2ºA)
- 2º/3º Ciclo EP: Marta Nogueras Anca (3ºA) e Lara Fonte Allegue (6ºA)
- Infantil: Noelia Navas Udaondo e Ariadna Jerobs Santín
- Premio de grupo: Infantil 4 anos B(Fernanda) (gañador), Clase de 1ºA (Mila) (finalistas),Clase de 1ºB (Meli) (finalistas),Clase de 2ºB (Lucía) (finalistas).
En hora boa a todos e todas!!!!
Aquí tedes un vídeo coas obras da exposición
domingo, 25 de mayo de 2014
CONCURSO COCA-COLA "RELATO CURTO"
Por cuarto ano consecutivo os
nosos alumnos de 2º participaron neste concurso de relato curto. As
participantes este ano foron Ana Martínez e Malloya ambas alumnas de 2ºESO A.
Ana participou en castelán e galego, Malloya só o fixo en castelán. As dúas ían
con moita ilusión e ás dúas queremos felicitar desde estas páxinas.
Ben sabedes que o traballo feito
con gana adoita ter recompensa, Ana gaña por mérito propio achegando azos,
ilusión e xenerosidade en todo o que emprende e Malloya engaiolou o xurado coa
súa prosa imaxinativa e lixeira, e así resultou ser finalista e gañadora dun
merecedor terceiro premio.
Posto que todo o que desde aquí
se escriba non reflectirá o que a vosa compañeira transmitiu no seu relato
achegámosvos o comezo e o código "qr" para que o gocedes coma nós.
Ademais achegamos en palabras da
flamante gañadora, a experiencia que supuxo recoller o premio nun lugar
emblemático, a terra dos grandes trovadores: Mendinho, Joham de Cangas e Martín
Codax, case nada!! .
Cando estabamos Ana e mais eu naquela sala chea de xente non imaxinabamos que
algunha de nós pasase á final ¡cando mo dixeron non o podía crer!
Eu pasara
á final e a entrega de premios foi, nin mais nin menos, na illa do Pensamento,
a illa de San Simón, un lugar cheo de historia literaria, testemuña de relatos
de temerosos corsarios, tesouros ocultos e pasaxes de moitos viaxeiros vidos de
terras afastadas. Alí mesmo foi onde o capitán Nemo atracou o Nautilus na súa
fantástica historia Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar (XulioVerne), cando sabes iso non
podes remediar pensar no que se lle pasaría pola cabeza ao escritor
¿Sorprenderíanlle tanto os misterios e os viaxeiros anónimos pasados pola illa
que sentiría identificado o capitán do seu submariño cun deles? ¿Ou quixera
imaxinar o que lle aconteceu a algún dos viaxeiros que pasou por alí nun navío
submariño descoñecido naquela época? Precisamente o misterio foi o tema na
entrega dos premios, o misterio e o humor, unha importante inspectora chamada
Holmes e un novato incompetente chamado Watson presentaron este acto nunha
divertida entrega de premios cheo de misterio e risas. Alguén matara o can da illa
e roubara o primeiro premio ¿Quen podería ser? algúns dos alí presentes foron
escollidos como sospeitosos e cando Watson non aturou máis, recoñeceu que lle
dera ao can un somnífero nunha salsicha e o roubara el, aínda que por
adolescente non pasaba de todas as maneiras.
Ao remate
obsequiáronnos cunha merenda nos edificios que foron lazareto e cárcere durante
a guerra civil española, alí Luísa rematou con todos os mexillóns e miña irmá
co resto da mesa.
A viaxe
de volta foi movidiña, no interior do barco sentíanse máis as ondas e iso non é
moi bo se te mareas neles...
Malloya, 2ºA ESO
RELATOS DO CONCURSO "RELATO CURTO" DO CONCELLO DE ARES REALIZADO POLAS LETRAS GALEGAS
Aquí vos deixamos os relatos curtos dos alumnos/as do cole que presentaron obras ao II Concurso de Relato Curto Concello de Ares. Entre elas están a gañadora e as finalistas, así como outras que non recibiron premio pero que vos aconsello que leades. Parabéns aos rapaces e rapazas que presentaron traballos e aos que non...esperemos que para o ano vos animedes.
viernes, 23 de mayo de 2014
ACTIVIDADES DO PROXECTO METEOESCOLAS
Como ben sabedes, este curso no noso cole seguimos a traballar co Proxecto Meteoescolas. E para que vexades o que se realizou este ano, aquí deixamos uns videos para que disfrutedes do traballo dos nenos e nenas. En hora boa a todos os profes polo voso traballo e esforzo, a todos os alumnos/as de infantil, primaria e ESO e por suposto ao noso xenial coordinador Jorge. Con semellante plantel de artistas...asi da gusto traballar!!!
A continuación tedes os videos resumo do feito este curso. E non olvidedes que neste blog na parte de arriba tedes unha pestana có nome de Predición Meteorolóxica na que podedes premer e ver todas as predicións que fan os alumnos de secundaria para os fins de semana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



.jpg)



