sábado, 14 de noviembre de 2026

EMOCIONARTE: O ALUMNADO EXPLORA A EXPRESIÓN EMOCIONAL DA MAN DE PEDRO FEIJOO



O CPI As Mirandas tivo o pracer de recibir a visita de Pedro Feijóo, que da man de Afuncación, levou a cabo o obradoiro “EmocionArte”, unha proposta dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO que converteu as nosas emocións nas grandes protagonistas do encontro.

A través dun percorrido por diferentes manifestacións artísticas, Pedro Feijóo invitou ao alumnado a descubrir como as emocións están presentes na literatura, a música, o cine e outras formas de expresión.

Cun estilo ameno, cercano, espontáneo e participativo, acadou a conexión cos estudantes, despertar a súa curiosidade e crear un ambiente de confianza no que todos nos sentimos actores da experiencia.

O obradoiro foi unha invitación a mirar a arte dende outra perspectiva: non só como algo que contemplamos, senón como algo que nos fai sentir, pensar e conectar con nós mesmos e cos demais.

O programa artellouse en dúas sesións ben diferenciadas:

·         Primeiro encontro: Partindo da súa dobre faceta como escritor e músico, Feijoo propúxolles diferentes camiños e canles artísticas para achegarse ao mundo das emocións.

·         Segundo encontro: Apoiándose en exemplos literarios e musicais, e nun espazo libre de prexuízos, o alumnado reflexionou sobre «a emoción que nos emociona». A rapazada respondeu a este reto dende a súa propia creatividade, elaborando relatos, textos, ilustracións ou mesmo cartas. Tal e como subliñou o propio autor durante a xornada, o verdaderamente valioso da experiencia foi «que esas respostas viñeron do propio alumnado».

Tras o obradoiro quedounos unha enriquecedora idea: a arte tamén se sente, as emocións tamén se expresan e, ás veces, unha historia, unha canción ou unha imaxe poden dicir moito máis do que imaxinamos.

Grazas á iniciativa de Afundación, foi un gusto compartir con Pedro Feijóo a súa xenerosidade, entusiasmo e proximidade,



 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario