martes, 17 de noviembre de 2026

UN CONTO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

No marco das actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), e para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, achegamos a proposta de lectura do conto O Val dos Soños Brillantes, unha historia creada para axudarnos a reflexionar sobre os dereitos dos nenos e das nenas. O conto lévanos ata un lugar máxico onde viven nenos e nenas de diferentes idades, con distintas voces e sorrisos. No centro do val medra a Árbore das Estrelas, cuxas follas representan dereitos fundamentais da infancia, como o dereito á educación, á protección, á saúde, ao xogo, á identidade e á familia. A través desta fermosa historia, aprendemos que garantir os dereitos da infancia é responsabilidade de toda a sociedade e que cada neno e cada nena merece medrar feliz, seguro, coidado e con igualdade de oportunidades. Ademais da lectura do conto, deixamos tamén un caderno de comprensión lectora para lembrar os personaxes, os dereitos que aparecen na historia e a importante mensaxe do conto. Porque os dereitos da infancia non se celebran só un día: cómpre coidalos, defendelos e facelos brillar todos os días do ano. Para ver o conto en pantalla grande premede nos tres puntiños e pulsar pantalla completa. Podedes descargar o caderno de comprensión lectora premendo no recadro de enriba na parte dereita do pdf e abrilo nunha nova pestana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario