No CPI As Mirandas celebramos un concurso de debuxo baixo o lema «Compostar en Ares Mola», no que participaron os nenos e nenas de 1.º, 2.º e 3.º de Educación Infantil.
Xa temos gañadores! 🏆
Hoxe fixemos a entrega dos premios no colexio. Cada un dos gañadores recibiu un lote de libros:
🥇 Roi Puente Brage, de 3 anos.
🥇 Lucía Izquiano Sol, de 4 anos.
🥇 Dana Donis Arias, de 5 anos.
👏 Parabéns aos tres e moitísimas grazas a todos os participantes por compartir os seus debuxos, creatividade e ilusión!
Esta actividade enmárcase nunha subvención para a xestión de biorresiduos concedida pola Xunta de Galicia e financiada polos fondos europeos FEDER.
🌍 Porque aprender a compostar desde pequenos é dar grandes pasos cara a un futuro máis sostible.



No hay comentarios:
Publicar un comentario