O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns.
Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos.
O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles e as súas profes!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario