Xa podedes escoitar un novo programa da nosa radio escolar «Tesmoitalingua»!
Nesta ocasión, achegámonos a unha data moi especial que se conmemora cada 20 de novembro: o Día Mundial dos Dereitos da Infancia, unha xornada para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, seguros, libres e en igualdade de oportunidades.
Nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO A, André, Mara, Paula, Noa, Sofía, Noelia, Lara, Clara, Asier, Alonso e Nico, preparou un estupendo programa no que nos convidan a reflexionar sobre os dereitos da infancia, a igualdade e o verdadeiro significado destes dereitos nas nosas vidas.
Ademais, poderedes escoitar interesantes entrevistas a profesorado e alumnado, descubrir a actualidade na nosa sección de deportes e coñecer que tempo nos agarda de cara á fin de semana.
Un programa cheo de reflexións, participación e boas ideas, no que as voces máis novas nos lembran algo fundamental: os dereitos da infancia deben coñecerse, respectarse e defenderse todos os días.
🎧 Non volo perdades! Dádelle ao play e escoitade «Tesmoitalingua»!
Porque temos moito que dicir e un mundo que cambiar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario