Un a no máis o Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil. Unha iniciativa que pon o acento na poboación máis nova da localidade para vinculala coa súa contorna. A herdanza e a memoria colectiva cobran especial relevancia nos obxectivos do concurso, ao convidar á xuventude a recoñecer e atopar ambos conceptos no seu contexto, nas paisaxes aresáns ou nos espazos e obxectos que forman parte das súas identidades persoais. Así, a xente nova de entre 8 a 18 anos empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas poderá presentar as súas obras entre o próximo luns, 27 de setembro e o 18 de outubro ás 20.00h, vía correo electrónico (concursofotografia@concellodeares.com), incluíndo os formularios de participación e de identificación xa cubertos. Segundo se recolle nas bases, haberá un máximo de dúas fotografías por participante, as instantáneas non poderán ser editadas ou melloradas e terán que ser orixinais (tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade), entre outros requisitos. ▶️ No certame, estableceranse dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, e seleccionaranse 3 fotografías por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (un IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. De igual maneira, as fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario de 2022 do Concello, repartido por todo o municipio, sempre identificadas coas súas autorías. ▶️ Toda a información sobre o concurso, incluídas as bases detalladas e os formularios de participación e de identificación das fotografías, atópanse accesibles na páxina web municipal (www.concellodeares.com) A maiores, está dispoñible o número ☎️ 981 448 057 para solventar as posibles dúbidas.
martes, 28 de septiembre de 2021
V CONCURSO DE FOOTOGRAFÍA XUVENIL

lunes, 13 de septiembre de 2021
BENVID@S A UN NOVO CURSO (2021-22)
Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!
miércoles, 23 de junio de 2021
martes, 22 de junio de 2021
AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN. PROXECTO ERASMUS+ FESTIVIDADES E TRADICIÓNS
E CHEGOU A FESTA FINAL
Despois dun ano cheo de normas e tensión, o corpo pedía baile... e houbo baile para a rapazada pequena e mediana. Bailamos, bailamos e bailamos. Que ben o pasaron!
FELIZ VERÁN!
lunes, 21 de junio de 2021
GRADUACIÓN ALUMNADO DE 4º ESO. CPI AS MIRANDAS
Queremos pedir desculpas pola mala retransmisión en directo,
a verdade é que era a primeira vez que faciamos isto virtualmente, pero como todo
ten amaño, aquí vos deixamos o vídeo do acto así como os vídeos despedida.
Para rematar querémosvos desexar de corazón toda a sorte do
mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas as
portas deste, o voso cole.
VÍDEO PROFES
jueves, 10 de junio de 2021
PREMIOS DO IV CONCURSO ESCOLAR CANTAMOS CON LAS MANOS
Hoxe resolvéronse os premios do IV Concurso en Lingua de Signos “Cantamos con las manos” e non podemos estar máis que contentxs polo premio acadado. Parabéns a todos e todas os que fixéstedes posible este marabilloso traballo e en especial a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de LSE polo seu esforzo de facer partícipe a todo o cole da Lingua de Signos.
Parabéns tamén a todos os centros
premiados e aos que acadaron mencións de honor así como a todos os
participantes no concurso, que foron moitos.
Grazas ás compoñentes do grupo Tanxugueiras polo vídeo de felicitación, foi unha grata sorpresa.
lunes, 31 de mayo de 2021
CHARLA DE ANXO RAJÓ SOBRE XELA ARIAS
Hoxe tivemos a presenza no noso centro do profesor e escritor Anxo Rajó, que tivemos a sorte de ter como docente no noso cole fai tres anos. Anxo presentou o libro que escribiu sobre Xela Arias e achegou á rapazada unha visión máis íntima da vida da autora.
Grazas Anxo pola tarde de hoxe!.
CARREIRA SOLIDARIA EN INFANTIL E PRIMARIA
Se a semana pasada o alumnado de ESO realizaba a xa tradicional Carreira Solidaria, esta semana tocoulle aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.
Por mor das
restricións o alumnado de primaria baixou á praia para non xuntar aos grupos
burbulla e acortar a distancia para non afogar coa mascara! A carreira fíxose ao aire libre nun día
espectacular, e fixemos moitos xogos! Pasámolo moi ben, como se pode ver no
vídeo que está abaixo.
Os nenos e nenas de
Infantil realizaron a súa carreira no patio do recreo e tamén gozaron un
montón!!
Grazas de novo a todos e todas pola vosa solidariedade. Para o ano máis e mellor!!!
CARREIRA PRIMARIA
viernes, 21 de mayo de 2021
CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE NO CPI AS MIRANDAS
Grazas a todxs pola vosa
solidariedade e implicación e a Paula Mayobre, a nosa madriña da carreira, polo
acompañamento nestes 10 anos de Carreiras Solidarias.
Grazas tamén a Deportes
MARVI pola doazón das medallas da carreira.
Para o ano, máis e mellor!!!
miércoles, 19 de mayo de 2021
OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO. ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS
Desde aquí
queremos dar as grazas a Javier Cristobo, Paula Mayobre, Conchi Ramil, Jon
Rodríguez, Cristina Correa, Celsa Formoso e Juan Carlos Rey.... por atender a nosa chamada
para entrevistalos e dar a súa visión
desde a perspectiva do traballo que eles realizan.
A través dos seguintes podcast podedes escoitar os programas radiofónicos do alumnado de 1º e 2º de ESO.
Aquí tedes os
podcast de radio dos programas.
Programa 1 realizado polo alumnado de 2º B . No programa falamos da conservación dos océanos e do ODS 14 e entrevistamos ao biólogo Javier Cristobo. Achegámonos ao colectivo LGTBI da man do activista Jon Rodríguez. Falamos de igualdade de xénero a través de fragmentos de cancións. E por último tratamos o tema do racismo nas películas e no deporte.