Un ano máis celebramos a Carreira
Quilómetros de Solidariedade no noso centro. Este ano, por mor das restricións
debidas a pandemia, non puidemos facer o
percorrido pola nosa vila como en anos anteriores, pero iso non foi motivo para
que hoxe o noso cole se volvese a transformar na festa da solidariedade. Alumnado e profes correron por todos os nenos e nenas que non teñen a mesma sorte que
nós e que merecen unhas condicións mellores de vida, sobre todo neste tempo que
estamos a vivir.
Grazas a todxs pola vosa
solidariedade e implicación e a Paula Mayobre, a nosa madriña da carreira, polo
acompañamento nestes 10 anos de Carreiras Solidarias.
Grazas tamén a Deportes
MARVI pola doazón das medallas da carreira.
Para o ano, máis e mellor!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario